O mercado de gando de Amio rexistrou esta semana unha baixada de 0,1 euros nos prezos das canais de vacún maior das clasificacións O e P. Tamén houbo unha tendencia á baixa dos prezos do vacún mediano para sacrificar.
En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 1.571 animais, o que supón 1.006 exemplares menos que a semana pasada, co que se restablecen as cifras habituais de concorrencia, logo de que se producira un desaxuste que se veu arrastrando nas últimas sesións debido á festividade do 1 de novembro.
En concreto, houbo 1.278 cabezas de vacún menor (973 menos), 138 de vacún mediano (9 reses máis) e 155 de vacún maior (42 menos).
Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (15-XI-2023).