Suba no vacún maior e baixada na recría en Silleda

No vacún maior só unha categoría baixou no seu prezo, mentres que na recría só unha categoría tivo unha lixeira subida

Suba no vacún maior e baixada na recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia-Abanca rexistrou, este martes, subas nos prezos do vacún maior, mentres que nos becerris de recría da raza frisoa houbo tan só suba nos de máis de 50 días.

En canto á afluencia de gando, na xornada de hoxe pasaron polo recinto un total de 1.004 animais, dos cales foron adxudicados 949; son cifras menores que a pasada semana, que tamén xa descenderan.

Prezos do vacún
Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 105 euros, é dicir 11 euros menos que na última feira. Nos xatos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia situouse nos 136 euros, o que supón 7 euros menos. Os machos de máis de 50 días obtiveron un prezo medio de 179 euros, cunha lixeira subida de 1 euro.

Nos becerros de recría de cruces industriais a tendencia foi á baixa, tamén, excepto na categoría dos de 15 a 20 días, que se mantivo igual que na pasada semana, en 368 euros. Nos machos de entre 20 e 50 días, o valor de referencia foi de 412 euros, é dicir 9 euros menos. Nos machos de máis de 50 días, o prezo medio foi de 575 euros, o que supón un descenso de 3 euros.

12_03_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos frisóns tiveron un valor medio de 1.009 euros, é dicir 23 euros máis que a semana pasada. Pola contra, os machos de cruces industriais baixaron o seu valor 45 euros, até os 1.019 euros. Mentres, as femias tamén descenderon en 51 euros e quedaron nun valor medio de 876 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema descenderon o seu valor 170 euros até conseguir un prezo de referencia de 997 euros.

A tendencia foi á alza no vacún maior, con excepción nunha categoría. Os animais da extra tiveron un valor medio de 2.202 euros (+69 euros). As vacas de primeira cotizáronse a 1.176 euros, o que mostra unha subida de 5 euros. As vacas de segunda incrementaron o seu valor en 35 euros e quedan cun prezo de referencia de 778 euros. Nos animais de desfeito o valor medio foi de 464 euros, polo que baixaron 66 euros con respecto á última feira. Os animais comercializados baixo selo Vaca e Boi de Galicia viron incrementado, considerablemente, o seu valor medio en 763 euros con respecto da semana pasada e pasan a cotizarse de media a 2.895 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino tiveron un incremento esta semana. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal incrementaron o seu valor en 0,03, quedando en 1,815 e 1,790 euros, respectivamente. Os porcos de Canle II están a 2,325 euros (+0,039). Os animais de descarte cotízanse entre 0,9 e 0,96 euros o quilo.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 106 euros (cun prezo de 5,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 101 euros e cun prezo por quilo de 5,05 euros. Ambos conseguiron un incremento de 2 euros.

12_03_2024_page-0002

O mercado do ovo volve rexistrar subidas en todas as categorías. Nos da clase XL e L o incremento foi de 0,02 e quedaron así en 2,83 e 2,32 euros. Pola súa banda, nos da M e a S a subida foi do 0,04 e quedaron en 2,10 e 1,82 euros, respectivamente.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,35 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información