As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de Frisón e pola lixeira baixada nos de Cruce industrial, mentres que no vacún maior a tendencia foi a unha suba. Nas mesas de prezos acordouse manter sen cambios as cotizacións do porco cebado, e subir unha semana máis a dos leitóns e a dos ovos. A carne de coello segue na Lonxa de Madrid nos 2 euros o kilo.
Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi claramente á alza, tras varias semanas de baixadas. Así, na categoría dos de menos de 20 días a cotización media foi de 111 euros, fronte aos 97 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 121 euros por xato, catro máis que o pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos tamén subiron: unha media de 147 euros fronte aos 136 euros da semana anterior.
Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron máis ben á baixa. A excepción tamén foi a categoría de menos de 20 días, na que as cotizacións medias situáronse nos 337 euros, fronte aos 290 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos caeu ata os 396 euros, fronte aos 412 da última poxa. Nas femias, pola contra, houbo suba de prezos: 281 euros de media, oito máis que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio baixou ata os 416 euros, fronte aos 439 euros de media da pasada semana.
En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi a unha leve suba. Deste xeito, quedaron en 1.059 euros de media en categoría primeira, 711 en segunda -a máis numerosa- e 393 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.057, 706 e 411 euros, respectivamente.
As cotizacións quedaron da seguinte maneira:
Ovos á alza
Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir os prezos en todas as categorías. Así, na XL subiron un 0,020% ata os 1,43 euros a ducia, mentres que na L a suba foi do 0,04%, quedando nos 1,39 e un 0,03% na M ata os 1,29 euros. Na S a suba foi do 0,02% ata quedar nos 1,08 euros a ducia.
Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, mantivéronse os prezos nos 2,00 euros o kilo.
Estabilidade no porco cebado e suba nos leitóns
En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter as cotizacións da semana pasada. Así, nas categorías Selecta e Normal quedaron nos 1,195 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II quedou nos 1,519 euros por quilo. Na categoría de desvelle acordouse unha suba do 0,03% ata situarse o intervalo de prezos entre 0,76 e 0,82 euros o quilo.
En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron un 0,02% ata os 1,560 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi tamén a unha lixeira subida.
En canto aos leitóns, acordouse subir as cotizacións unha semana máis un 1%, quedando nos 43 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 48 euros para os procedentes dunha única explotación.
Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira: