Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións dos ovos e subir as do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 21 de febreiro

Suba dos becerros de recría de Frisón en Silleda

Poxa de becerros en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola suba nos prezos dos becerros de recría, principalmente nos de raza Frisona, e unha pequena baixada no vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e manter a dos leitóns. Os ovos manteñen sen cambios as súas cotizacións, ao igual que o coello.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes subiron en todas as categorías. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 117 euros, fronte aos 113 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media tamén subiu ata os 143 euros por xato, fronte aos 126 do pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos remontaron ata unha media de 163 euros, tres máis que a semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron máis irregulares. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 228 euros, fronte aos 313 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos situouse nos 233 euros de media, fronte aos 218 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu claramente ata os 487 euros, fronte aos 400 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha pequena baixada. Deste xeito, quedaron en 1.070 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda -a máis numerosa- e 442 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.067, 721 e 443 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_21_2_17

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana, quedando as categorías L e M nos 1,18 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL quedou nos 1,35 euros a ducia e a S nos 0,9 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana nos 1,60 euros o quilo.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,255 e 1,230 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,597 euros por quilo. O desvelle mantivo as cotizacións nun intervalo de prezos de entre 0,81 e 0,87 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse esta semana sen cambios nos 1,520 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia foi á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_21_2_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información