Suba do gando vacún en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistra subas das cotizacións medias na recría de frisoa, en parte dos cruces industriais e nas cabezas de Vaca e Boi de Galicia. Baixan os prezos da recría de Rubia Galega. Nova caída do valor do porcino e continúa estable o mercado do ovo

Suba do gando vacún en Silleda

Imaxes da Central Agropecuaria de Galicia // Fonte: Imaxe de Arquivo

A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistra este martes unha lixeira baixada dos prezos medios de cotización de certas razas de tenreiros de cebo, mentres que os de vacún maior seguiron a tendencia alcista de finais de agosto, e os animais co selo Vaca e Boi de Galicia duplicaron o seu prezo. Na recría percibiuse unha leve reducción da media dos prezos nos cruces industriais e na recría de Rubia Galega, principalmente nos machos, en paralelo a un notable aumento no prezo dos becerros de frisoa, marcado especialmente nas femias, e na recría de cruces industriais máis novos.

Nas mesas de porcino volveu producirse unha baixada xeral tanto nos prezos dos porcos cebados coma dos leitóns. Mentres, o mercado do ovo non rexistrou variacións.

Prezos do vacún

Facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que cómpre ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Na recría frisoa, os becerros máis novos cotizáronse a un prezo medio de 56 euros, é dicir case 7 euros máis que na última feira. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, o valor de referencia mantívose nos 81 euros, coa diferencia que no caso das femias se multiplicou case por catro, acadando os 82 euros. Os machos de máis de 50 días tiveron un prezo medio de 124 euros, cun aumento de case 10 euros. As femias marcaron un repunte de prezos moito máis pronunciado, acadando os 245 euros fronte aos 132 euros da anterior.

Nos tenreiros de recría de cruces industriais, os tenreiros machos máis novos escalaron 71 euros e o prezo medio sitúase nos 237 euros. Mentres, nas femias a tendencia baixista continuou ata tocar os 161 euros, 10 euros menos que na semana anterior. No caso dos becerros de entre 20 e 50 días, rexistrouse un lixeiro aumento, pasando a ter un prezo medio de 332 euros. As femias quedaron nos 193 euros, a tan só 3 euros de diferencia do prezo anterior. Os animais de máis de 50 días moderaron o seu valor. Nos machos o prezo de referencia foi de 478 euros, despois dunha baixada de 42 euros respecto ao martes pasado. As femias tamén reduciron o seu valor en 28 euros, polo que se sitúan nos 358 euros. 

En canto á recría de Rubia Galega, a tendencia á baixa estivo ben marcada. No caso dos becerros de 20 a 50 días o prezo caeu en 186 euros no caso das femias, ata poñerse nos 330 euros, e en 92 euros no caso dos machos, baixando ata os 353 euros. O gando de máis de 50 días desta raza rexistrou unha ampla baixada nos machos, reducindo o seu prezo dos 697 euros aos 583 euros -114 euros menos-. As femias, pola contra, apenas sufriron variacións no seu prezo.

Mentres, a tendencia foi á tamén á alza nos becerros de cebo. Os machos frisóns volveron a reducir o seu precio, cunha baixada de 134 euros, asentándose en 745 euros. Nos tenreiros de cruces industriais o valor medio foi lixeiramente superior, acadando unha media de 1.202 euros, logo dunha suba de 16 euros. Nas becerras desta categoría, o prezo de referencia atópase nos 805 euros, ó producirse unha caída de 209 euros con respecto da última feira. Os machos de Rubia Galega cotizáronse de media a 1.224 euros, é dicir 64 euros menos. As tenreiras desta raza quedaron con pouca variación en prezo, 4 euros menos, isto é, unha media de 1.036 euros. Pola súa banda, os animais comercializados baixo o selo de Ternera Galega Suprema tiveron unha reducción do seu valor medio en 63 euros e acadan os 1.245 euros.

Tamén o vacún maior experimentou subas en tres das categorías, mentres que nas outras dúas reduciu lixeiramente o seu prezo. As vacas da extra continuaron incrementando o seu valor en 134 euros con respecto da semana pasada e o seu prezo de referencia sitúase nos 2.344 euros. As vacas de primeira baixaron 15 euros, cun valor medio de 1.130 euros. Os exemplares de segunda cotizáronse un pouco por riba dos 740 euros da semana pasada, chegando aos 747 euros. Nos animais de desfeito, o valor medio caeu aos 407 euros, diminuindo 94 euros en comparación coa última feira. Os animais comercializados baixo o selo Vaca e Boi de Galicia foron a excepción cunha extraordinaria subida do prezo medio de 1348 euros, situando o seu prezo medio en 2.457 euros.
Captura de pantalla 2023-09-05 a las 22.22.00

Continúa a baixada do porcino

As mesas de cotizacións do porcino experimentaron esta semana baixadas nos prezos tanto do porco cebado como nos leitóns. Nos animais cebados, o porco selecto e o normal descontaron 0,03 euros e quedan nos 1,920 e 1,895 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,461 euros tras unha baixada de 0,039 euros. Os animais de descarte descontaron 0,04 euros e cotízanse entre 1,25 e 1,31 euros o quilo.

Nos leitóns houbo unha baixada de 5 euros para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 66 euros (cun prezo de 3,3 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 61 euros e cun prezo por quilo de 3,05 euros.

O mercado do ovo mantense esta semana sen cambios. Os ovos da XL teñen un prezo de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,59 euros, os da M cotízanse a 2,07 euros e os da S están en 1,82 euros a ducia. No prezo das galiñas de descarte semipesadas tampouco houbo cambios e cotízanse entre os 0,23 e os 0,31 euros o quilo.

O prezo do coello está nos 2,45 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Captura de pantalla 2023-09-05 a las 22.22.19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información