Suba dos becerros de cruce en Silleda

Suba dos becerros de cruce en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA retomou este martes a súa actividade normal despois de case dúas semanas de parón debido á celebración da feira Semana Verde. Este retraso motivou que rexistraran hoxe dúas marcas históricas en transaccións. Así, a facturación total da poxa acadou os 570.126€ (ata hoxe a maior facturación estaba nos 553.851€ do 26 de xuño de 2012), mentres que na categoría de vacas foi de 342.211€ (ata hoxe o récord estaba nos 339.028€, tamén do 26 de xuño de 2012).

Por outra banda, a asistencia de vacas desta mañá, con 323 animais, supuxo a mellor concurrencia desta categoría dende o ano 2017 ( o día 3 de outubro dese ano acudiran 329 animais). Así mesmo, a asistencia total á poxa foi a maior do que levamos de 2021 con 1.113 animais (superaron os 1.057 do 12 de xaneiro).

En canto ós prezos da recría, en xeral houbo unha suba dos becerros de cruce e un estancamento nos frisóns. En concreto, nos animais de raza frisoa, os becerros de menos de 20 días cotizáronse a 78 euros, 4 menos respecto á última poxa. Nos tenreiros de entre 20 e 50 días, a sección con maior afluencia de gando, non hubo cambios e mantivéronse nun prezo medio de 105 euros. Nos becerros de máis de 50 días o prezo mediou subiu ata os 116 euros, 13 máis que na última subasta.

Na recría de cruces industriais, o gando máis novo subiu 53 euros e atópase nos 262 euros no caso dos machos. Nas femias desta sección o prezo medio situouse nos 183 euros, 30 euros máis. Nos animais de entre 20 e 50 días, a categoría máis numerosa, os machos experimentaron unha suba de 23 euros, o que deixa uns prezos medios de 273 euros. No caso dos becerros de máis de 50 días produciuse unha suba de 21 euros, co que acadan os 351 euros.

Pola contra, nos becerros carniceiros a tendencia foi á baixa. Así, nos becerros de cruzamentos industriais, os machos están en 891 euros, logo dun descenso de 86 euros respecto da última subasta, mentres que as becerras sitúanse nos 849, cun incremento de 69 euros.

O vacún maior tamén experimentou baixadas de prezos, pero con excepcións. Así, as vacas da categoría extra cotízanse a 1850 euros, logo dun descenso de 190 euros en relación a hai 3 semanas, cando se celebrou a última poxa. Nos exemplares de primeira houbo unha caída de 28 euros e acadan os 1.132 euros. Pola contra, as vacas de segunda subiron 8 euros e atópanse en 719 euros. Tamén os animais de descarte se rexistrou unha suba, de 16 euros no seu caso, e sitúanse nos 476 euros. .

SILLEDA VACUN 2021 SETEMBRO 2

Mesas de prezos de porcino, avicultura e coello

Esta semana o porco cebado experimenta unha baixada xeral en tódalas categorías. Así, os porcos da categoría selecta e normal rexistraron unha baixada de 0,02 euros, que deixa un prezo de 1,185 e 1,186 euros o quilo respectivamente. Nos exemplares de Canal II a baixada foi de 0,026 euros por quilo e cotízanse agora a 1,506 euros. Tamén se acordou unha baixada para os exemplares de desvelle, ó descontar 0,02 euros e establecerse agora entre os 0,39 e os 0,45 euros.

Os leitóns baixaron 1 euro. Os exemplares procedentes dunha única granxa están nos 32 euros (cun prezo de 1,6 euros o quilo) e os animais chegados de varias ganderías sitúanse nos 27 euros e cun prezo por quilo de 1,35 euros.

No mercado do ovo houbo subas de 0,04 euros a ducia en todas as categorías. Deste xeito, os ovos da XL cotízanse a 1,59 euros a ducia, os da L están a 1,24 euros, os da M atópanse a 1,09 euros e os da S páganse a 0, 89 euros. As galiñas de descarte continúan entre os 0,15 e os 0,22 euros por quilo.

Por último, o prezo do coello sobe 0,10 euros e queda nos 2 euros o quilo.

SILLEDA porcino 2021 SETEMBRO 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información