Suba de Ternera Gallega e estabilidade do gando de abasto en Amio

Suba de Ternera Gallega e estabilidade do gando de abasto en Amio

Exemplares de Ternera Gallega

O Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela decidiu este mércores subir os prezos dos becerros da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega e manter as cotizacións dos tenreiros de recría e do gando de abasto.

Así, os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega decidiron por maioría dos seus votos subir 0,03 euros por quilo os prezos de todas as categorías e de todas as calidades desta carne, co fin de adaptalos á realidade do mercado.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, decidiuse por unanimidade:

-No gando de recría, manter os prezos de todas as categorías e calidades, do mesmo xeito que na sesión anterior.

-En canto ao gando de abasto, tamén se manteñen os prezos do pasado mércores, excepto nos da subclase P1 do vacún maior, que baixa 0,05 euros por quilo. Do mesmo xeito que na sesión anterior, os vogais coinciden en apreciar unha tendencia xeral á baixa nos prezos do vacún maior de abasto.

En canto á asistencia, á sesión de hoxe acudiron un total de 1.984 reses, 177 menos que o pasado mércores. Houbo 1.500 cabezas de vacún menor, 136 menos que na anterior sesión; 259 de vacún mediano, 8 menos que a pasada semana, e 207 de vacún grande, 24 menos que o pasado mércores.

Descarga aquí as táboas das cotizacións que se decidiron hoxe nas Mesas de Prezos do Mercado de Gando de Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información