Sen cambios nos prezos do Mercado de Amio

Sen cambios nos prezos do Mercado de Amio

Recría no Mercado de Gando de Amio. // Foto de arquivo.

Os prezos do vacún mantéñense esta semana estables no Mercado de Gando de Amio. Este mércores os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega acordaron manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades desta carne. Tampouco houbo variacións nos prezos do gando de cebo, mediano de matadoiro e no vacún maior de abasto.

En canto á afluencia, nesta xornada contabilizáronse 1.100 reses, o que supón 453 animais menos que na sesión do pasado mércores día 11. Houbo 811 cabezas de vacún menor, 394 exemplares menos que na feira anterior; 131 de vacún mediano (58 menos) e 158 de vacún grande, unha res menos que na pasada feira.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (18-VIII-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información