O sector cárnico: estratéxico para Galicia, cun facturación anual de máis de 1.400 millóns de euros

A VII Reunión Casal de Armán, en Ribadavia, reúne a preto de 40 especialistas de ámbito estatal e autonómico que abordan o sector cárnico

O sector cárnico: estratéxico para Galicia, cun facturación anual de máis de 1.400 millóns de euros

Participantes da VII Reunión Casal de Armán, celebrada este xoves en Ribadavia.

A sétima edición da reunión anual Casal de Armán, celebrada este xoves en Ribadavia (Ourense), centrouse nos retos do sector cárnico, tanto na súa dimensión nacional, como autonómica. En Galicia, o sector cárnico está conformado por 192 industrias e facturou no ano 2020, máis de 1.400 millóns de euros. Estas foron algunhas das cifras que se apuntaron durante a xornada e que dan conta da importancia do sector en Galicia.

Xunto con estes datos e xa no primeiro relatorio da xornada, José Manuel Andrade Calvo e Alfonso Ribas Álvarez -da Fundación Juana de Vega e coordinadores da xornada-, apuntaron tamén outros datos de referencia sobre o sector. Andrade incidiu na condición de sector estratéxico para a Comunidade Autónoma, posto que representa un 34% da produción final agraria de Galicia, con 1.200 millóns de euros de valor en gando. Ademais é un sector que xestiona case o 50% da superficie agraria de Galicia, conformado por unhas 43.000 granxas cárnicas.

Na súa intervención, José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega tamén resaltou o papel fundamental que este sector -principalmente o vacún- desenvolve na xestión da paisaxe e preservación do territorio, así como xoga un rol salientable na prevención dos incendios forestais.

O sector dende distintos prismas

A reunión Casal de Armán contou cun total de case 40 especialistas entre grandes empresas, cooperativistas, representantes de asociacións, pequenos produtores, Administración e investigadores. O encontro foi inaugurado polo presidente do Foro Económico de Galicia, Emilio Pérez Nieto.

Ó longo da xornada celebráronse catro mesas de traballo para abordar desde todas as perspectivas as distintas realidades e problemáticas dun sector primordial, tanto polo volume de facturación coma de emprego, así como pola súa tarefa reguladora do territorio.

Tralo primeiro relatorio de contexto xeral, a segunda mesa da mañá abordou os “Retos e perspectivas de futuro do sector cárnico”, participaron nesta mesa Tomás Rodríguez, da Interprofesional do ovino e caprino (Interovic), Alberto Herránz, da Organización Interprofesional Agroalimentaria do Porcino de Capa Branca (Interporc) e Javier López, da Organización Interprofesional de Carne de Vacún (Provacuno).

A última mesa da mañá centrouse na produción galega, con distintos actores do sector, tanto de empresas como entidades de representación sectoriais. Interviñeron neste caso Emilio Rial (Coren), José Manuel Núñez Torre (Torre de Núñez), José Ramón González (Unións Agrarias), Pablo Meijomín Hidalgo (Fegapor) e Jesús González Vázquez (Tenreira Galega).

A sesión da tarde abordou un subsector non menos importante: a produción de razas autóctonas e as pequenas producións, os problemas aos que se enfrontan na actualidade así como os desafíos do futuro. Nesta mesa interviron Iván Rodríguez Paz (Asoporcel), Laura Arias González (Acruga), José Ramón Xusto Feijóo (Boaga), Amaia Santamarta (Ovica) e Isabel Casariego Vierna (Puraga).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información