Os prezos do gando que concorreu ao recinto feiral do Mercado de Amio mantivéronse estables e continúan co valor da pasada semana.
En canto á afluencia de animais, nesta xornada pasaron 1.291 reses, 305 menos que na sesión do 10 de abril. Así, 1.060 animais foron de vacún menor (281 menos que na pasada semana); 70 de vacún mediano (15 menos) e 161 de vacún grande (9 menos).
Finalmente, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Galega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.
Más información
– Táboa completa dos prezos de Amio (17-IV-2024).