Máis de 50 expertos e profesionais debaterán os días 30 de novembro e 1 de decembro en Santiago de Compostela sobre o consumo de produtos do mar, a calidade diferenciada e a sustentabilidade no sector da alimentación, no marco do I Congreso Internacional de Consumo, que se celebrará no hotel NH Collection
O congreso, que será inaugurado por o conselleiro de Mar, estrutúrase ao redor de tres sesións nas que se analizarán O CONSUMO DE PRODUTOS DO MAR, na mañá do xoves 30 de novembro e Os ALIMENTOS DE CALIDADE DIFERENCIADA, o xoves pola tarde. A sesión do venres 1 de decembro PREFERENCIAS DO CONSUMIDOR e SUSTENTABILIDADE será inagurada por a Conselleira de Economía, Industria e Innovación e clausurada por o Delegado do Goberno en Galicia.
No programa do congreso participan entidades e empresas como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Fundación Cetmar, Foro Rural Mundial, UDC, USC, Conxemar, Asedas, Gestha, Froiz, Gadis, Mercadona, Vegalsa-Eroski, Fedepesca, Federación de Confrarías, Consellos reguladores de relevantes DOP e IXP, Congalsa, Clusaga, Sealed Air, Agacal, Consellería do Mar, Craega, Intereco, Fundación Española da Nutrición, ELIKA, Breadfree, SAFE Advocacy Europe, FIAB, CONSUMES, DECO, Ecoembes, UPA, FADEMUR/FADEMUR, así como relevantes xuristas, investigadores e coñecidos profesionais das redes sociais.
A matrícula é gratuíta, previa inscrición nesta ligazón