Leite

Rey Beemer Yuri volve gañar na Moexmu

A gandería da Pastoriza Rey de Miñotelo faise co galardón de Vaca Gran Campiona e Xovenca Gran Campiona nun concurso no que tamén destacou a explotación de Xermade A Lagoa Serabel e no que Carro, de Mesía, foi designada Mellor Criador de Xovencas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/04/2024 10:25 a.m.

[caption id="attachment_227852" align="aligncenter" width="2048"] A vaca Rey 814 Beemer Yuri, da gandería Rey de Miñotelo da Pastoriza, Vaca Gran Campiona na Moexmu 2024[/caption]

A Gandería Rey de Miñotelo, da Pastoriza, volveu gañar o Concurso de Gando Frisón da Moexmu. A súa vaca Rey 814 Beemer Yuri colocouse de novo este sábado no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta a banda de Vaca Gran Campiona e fíxose tamén co premio á vaca con mellor ubre do certame. 

O xuíz do Concurso, Bonet Cid, asegurou que a vaca gañadora, que leva 4 anos proclamándose Vaca Gran Campiona de Galicia no Concurso de Fefriga, "está facendo historia nas pistas". Trátase dun animal de 5 partos, "que presenta un sistema mamario moi destacado, sobre todo na súa inserción anterior, e que acompaña unha estrutura leiteira formidable, igual que as patas", salientou.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Como Reserva Gran Campiona quedou Kergo Ozalid 6818, que resultou designada tamén Vaca Adulta Subcampiona. Trátase dun animal da gandería A Lagoa Serabel, de Xermade. "É unha vaca de 5 anos que chegou fai 4 á nosa explotación procedente de Francia e que ao principio non destacaba moito, pero que foi mellorando, polo que nos puxemos a traballar con ela e está a dar os seus froitos", explica Abel Carballo, que xunto ao seu irmán Sergio están á fronte desta gandería familiar que está a muxir neste momento 140 vacas.

Outra vaca desta explotación, Vilarmor Cayenne Nanci, que xa quedara como Reserva no Certame Autonómico celebrado no mes de febreiro en Santa Comba, fíxose co título de Vaca Intermedia Campiona. "Chegou á explotación fai 3 anos aínda sen parir e parecíanos que iba ser boa, polo que nos puxemos a preparala para concursos e está evolucionando moi ben", destaca Abel.  

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Carro, Mellor Criador

Un total de 81 animais, pertencentes a 17 ganderías, participaron na edición deste ano do Concurso da Moexmu. Ademais de explotacións galegas das provincias de Lugo (A Lagoa Serabel, A Vereda, Casa Pozo, As Cavadas, Gaigo, Penelas, Portalousa e Rey de Miñotelo) , A Coruña (Carro, Casa Toldeiro, Casas, O Rubio e Pistulario) e Pontevedra (Anila, Carballeiras e Midón), tamén acudiu unha gandería asturiana, Gorrello, de Castropol. De todas elas Carro, de Mesía, foi elixido como Mellor Criador de Xovencas, por diante de Rey de Miñotelo. 

Nas seccións de xatas e xovencas, xulgadas na sesión da mañá, resultou vencedora Rey 1174 Thunderstorm Holy, da gandería Rey de Miñotelo, que cumprirá dous anos o vindeiro mes de xuño e que foi elixida Xovenca Gran Campiona. A Xata Campiona foi, pola súa banda, Pozosaa Fitters 0259, da gandería Casa Pozo.  

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os animais gañadores das distintas seccións a concurso foron os seguintes:  

Concurso de Manexadores

O Concurso de Xóvenes Manexadores da Moexmu contou coa participación de 27 ganderías, na súa maioría de concellos lucenses (Cospeito, Castro de Rei, Pol, A Pastoriza, Meira, Xermade, Lugo, O Páramo, Láncara, Riotorto, Barreiros e Chantada) e doutros concellos gandeiros da Coruña e Pontevedra.

No acto de clausura da feira entregáronse agasallos a todas as ganderías participantes e ás gañadoras e gañadores en cada categoría: Blanca Expósito Capón, da gandería Capón Hosltein de Chantada (menores de 9 anos), Helena Castro Iglesia, da SAT A Vereda de Lugo (entre os 10 e os 15 anos), María Otero Naval, de Fontixón de Castro de Rei (entre os 16 e os 20 anos), que tamén foi campioa absoluta do certame, e Nicolás Andrade Meixide, da Gandería Carro de Mesía (maiores de 21 anos).

Tamén se recoñeceu ás mellores gandarías do Concurso de Gando Frisón, da Exposición de Gando de Rubia Galega e da Poxa de Gando Selecto, que se celebraron durante a fin de semana no recinto Manuel Vila de Muimenta, que acolleu tamén unha ampla exposición de maquinaría agrícola e de postos de artesanía.

40 anos da Moexmu

A deste ano é unha edición especial da Mostra Exposición de Muimenta, que cumpre 40 anos e que mantén o único Concurso de Gando que se celebra na provincia de Lugo. Ademais dunha cita de referencia para o sector agrogandeiro da Terra Chá, a Moexmu esperta grande interese entre a mocidade, con actividades como o Concurso de Novos Preparadores de Gando ou o de Novos Manexadores, organizados polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. 

O xuíz deste ano da Moexmu, Bonet Cid, tamén comezou participando de mozo nesta cita con animais da explotación familiar, gandería Cid, de Barreiros, aló polos anos 90, pero esta era a primeira vez que xulgaba na Moexmu desde que é xuíz de CONAFE, algo que logrou no ano 2008. 

[box style="0"]

Prezo medio de 3.050 euros na poxa de gando, cunha xovenca roxa que acadou os 4.150 euros 

[caption id="attachment_227861" align="aligncenter" width="1600"] O recinto feiral Manuel Vila de Muimenta acolle a numeroso público durante toda a fin de semana[/caption]

A poxa de gando selecto que se leva a cabo dentro do programa da Moexmu incluíu este ano 7 animais, 3 vacas paridas e 4 xovencas preñadas, pertencentes a 5 ganderías da provincia de Lugo (A Lagoa Serabel, Gandería Marey Castro, Carballo de Baixo, Casa Pozo e Tío Andrés). Vendéronse todos os exemplares presentados, acadando un prezo medio de 3.050 euros. 

O animal que logrou un maior prezo foi Marey Rompen 8381 Rue Red, unha xovenca roxa próxima ao parto propiedade da gandería Marey Castro SC, de Pol, que foi vendida en 4.150 euros. Foi adquirida por Antonio Gayoso Díaz, de Monterroso. 

Entre as vacas paridas, a que acadou un maior prezo foi Carballo de Baixo Salari Chula, un animal de segundo parto da gandería Carballo de Baixo SC, de Sarria, que foi vendida en 3.650 euros. 

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada