Acaba de finalizar o XXXII Concurso Autonómico da Raza Frisoa Frefiga 2024 no que o xuíz catalán Pol Collel deu a palmada da vitoria a Rey 814 Beemer Yuri, de SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo). O animal proclamouse campión da sección de vacas adultas e logra así a súa cuarta vitoria consecutiva neste certame. Como animal de reserva foi nomeado Vilarmor Cayenne Nanci, da Lagoa de Serabel (Xermade, Lugo).
Durante todo o fin de semana celebrouse en Santa Comba (A Coruña) o certame, que se encaixa na súa feira sectorial. Así mesmo, pola mañá celebráronse os campionatos de xatas e xovencas, nos que Rey 1174 Thunderstorm Holy, de SAT Rey de Miñotelo, venceu na gran final. Esta becerra fora nomeada campioa de xovencas. A subcampioa foi Rey 1217 Haxl Amase, da mesma gandería, que recibiu o premio de campiona de xatas. Así mesmo, Rey de Miñotelo tamén foi nomeado como mellor criador de novillas de Galicia.
Consulta os resultados completos