Reunión entre comerciantes da Praza e do Mercado de Lugo coa concelleira de Participación

O futuro das instalacións centrou as conversas entre a concelleira e representantes dos dous espazos.

Reunión entre comerciantes da Praza e do Mercado de Lugo coa concelleira de Participación

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo unha xuntanza cos representantes das e dos comerciantes da Praza de Abastos e do Mercado Municipal co obxectivo de continuar a traballar da man no futuro de ambas instalacións. Cristina López afirmou que “buscamos consolidar á Praza e ao Mercado como dous referentes do comercio local e de proximidade, destacando a gran calidade dos productos que se comercian aquí e a atención especializada que prestan os distintos comerciantes a toda a veciñanza”.

Cristina López destacou o traballo realizado pola área de Participación de cara á promoción da Praza e do Mercado “achegando actividades culturais e realizando distintas iniciativas para fomentar que as veciñas e veciños de Lugo acudan á praza e ao mercado, favorecendo que coñezan ambas instalacións e que aposten por elas á hora de facer as súas compras”: Segundo Cristina López, un exemplo é a campaña O noso mercado é un agasallo, realizada cada ano durante o Nadal, “e que cada sábado supón un gran volume de venta para os distintos postos”.

A área de Participación facilitou que a Praza e o Mercado fosen o escenario de actividades diversas e para distintos públicos, acollendo desde obradoiros infantís e visitas escolares ata concertos, mostras científicas ou torneos de futbolín e xadrez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información