As razas autóctonas galegas, protagonistas este fin de semana de ExpoLugo 2021 A Rural

As razas autóctonas galegas, protagonistas este fin de semana de ExpoLugo 2021 A Rural

A responsable de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire, canda o xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López

A responsable de Medio Rural da Deputación de Lugo, Mónica Freire, canda o xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron este martes en rolda de prensa o programa de actos de ExpoLugo 2021 A Rural, a feira que se celebrará durante esta fin de semana, 2 e 3 de outubro, e na que o gando das razas autóctonas galegas será o protagonista.

Así, ExpoLugo 2021 A Rural, que se celebrará no recinto feiral, acollerá numerosos eventos como son a mostra gandeira, agroalimentaria e de artesanía, exposición das razas autóctonas bovinas en perigo de extinción, exposición das razas ovella galega e cabra galega, curso de xuíces de raza rubia galega, concurso e exposición de gando de raza rubia galega, o VI Memorial Luciano Sánchez, ou o concurso morfolóxico cabalos Pura Raza Galega.

Velaquí o programa completo:

Sábado 2 de outubro

11:00h.-14:30 h. XIII Curso de xuíces ganderios Raza Rubia Gallega (Ciclo formativo da Escola de Xuíces da Raza Rubia Gallega)
11:00h.-12:00 h. Ponencia Rubia Gallega “Características da raza e funcionamento do Libro Xenealóxico”, impartido por Laura Arias.
12:10 h. – Inauguración Oficial
12:00 h.-13:00 h..- Ponencia “Aspectos que o consumidor debe saber de produción e consumo de carne”, impartido por Daniel Franco Ruiz, Xefe de investigación Agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne
13:00 h. -14:30 h.- Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade

Domingo 3 de outubro

12:15 h. -13:00 h. Constitución da Comisión Técnica da organización de Expolugo A Rural.
13:00 h. -14:30 h. Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade

Durante os dous días:

11:00-21:00 Exposición de Animais de Razas Autóctonas de Galicia
11:00-21:00 Exposición Agroalimentaria e de Artesanía

Expolugo2021-CartelA3-600x849

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información