A próxima semana celébrase un curso de iniciación a apicultura en Becerreá

Esta xornada terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria do municipio entre os días 20 e 23 de setembro. A acción formativa constará dun total de 20 horas lectivas

A próxima semana celébrase un curso de iniciación a apicultura en Becerreá

O curso está enfocado a nocións sobre a bioloxía, a saúde do enxame, e mesmo á instalación do apiario

A Consellería do Medio Rural prevé celebrar a semana que vén un curso de iniciación á apicultura no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá. Está datada do 20 ao 23 de setembro, e a acción formativa constará dun total de 20 horas lectivas en horario de 9,00 a 14,00 h.

O programa inclúe nocións sobre a bioloxía do enxame, o apicultor e a colmea, así como sobre a instalación do apiario, sobre a saúde das abellas e sobre o tipo de meles. Tamén se abordará a normativa a ter en conta e a prevención de riscos laborais na apicultura. O obxectivo é fomentar a competitividade e a eficiencia dos recursos apícolas contribuíndo ao mesmo tempo á sustentabilidade da economía rural.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Precisamente, nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 370, ou enviarse un correo a mercedesfra@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información