Programa da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta

Asoporcel celebra a quinta edición da súa reunión técnica anual o último sábado de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Programa da V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta

A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) ofrecerá o sábado 25 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a súa V Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia. Para a celebración do quinto aniversario da organización destas sesións formativas sobre a raza Porco Celta, que volverá presentar o xornalista da Televisión de Galicia Manuel Cruz, Asoporcel ofrecerá dúas charlas técnicas e unha mesa redonda.

Na primeira intervención, o socio fundador de SIP Consultors Pep Font afondará nas ferramentas para o cálculo do rendemento económico das granxas de porcino. Na segunda conferencia, o responsable de comedores na Área de Innovación de Inditex Senén Barral ofrecerá unha charla centrada na restauración sostible para colectividades como vía para o apoio ás razas autóctonas.

Así mesmo, a mesa redonda, que tratará o futuro das razas porcinas españolas en perigo de extinción e estará moderada pola xornalista de La Voz de Galicia María Cedrón, contará coa participación de voceiros de cinco das principais asociacións de razas porcinas minoritarias de España.

Ao remate das sesións, haberá no mesmo Pazo de Feiras e Congresos un xantar de traballo ao que están convidados todos os asistentes. A asistencia é de balde, pero é necesario realizar inscrición previa. As persoas interesadas en asistir pódense anotar chamando ao 982 226 252 antes do 22 de novembro ás 14:00 horas.

cartel_xornada_tecnica_asoporcel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información