Programa da Semana Gandeira de Mazaricos

Publicidade
Programa da Semana Gandeira de Mazaricos

Foto gañadora na anterior edición

Data inicio: 14/11/2016
Data fin: 20/11/2016
Lugar: Mazaricos, A Picota, España

O concello de Mazaricos, xunto a Africor Coruña e a asociación Gandeiros de Mazaricos organizan un ano máis a Semana Gandeira, que se celebrará no recinto feiral da Picota entre o 14 e o 20 de novembro.

Un das actividades centrais da Semana Gandeira serán as Xornadas Técnicas do Sector Lácteo, que se celebrarán o sábado, 19 de novembro, co seguinte programa:

10:00 horas: Apertura das xornadas.

10:30 horas. “A transferencia de embrións como ferramenta gandeira cotiá”. Ismael Fernández, de Xénese E.T.E. Veterinarios SL.

11:10 horas. “Financiamento dos plans de mellora”. Jesús Combarro, director de Bancoagro-Abanca.

11:30 horas. Presentación do libro fotodocumental “El ordeño: lo que es”, sobre a relación entre a vaca e o home a través do muxido. Autor: Xosé Luis Míguez, e editado por Laboratorios Calier.

12:00 Pausa café.

12:30 horas. Coach: “O gandeiro na súa encrucillada”, Nacho Peón, experto en comunicación.

13:00 horas. Mesa redonda: “¿Que se pode facer en Galicia para valorizar o leite?”. Intervirán:
-Sabela Oca González, directora de calidade de Larsa.
-Pablo Gómez, xerente de Clesa.
-Ismael Martínez Lede, responsable de proxectos de I+D de Feiraco.
-Guillermo Martínez Ruíz, xerente de Casa Grande de Xanceda.

Modera: Marcos Fernández González, veterinario.

14:15 horas. Clausura das xornadas a cargo de Juan José Blanco Riveiro, alcalde de Mazaricos, e dun representante da Consellería do Medio Rural.

Sábado pola tarde:

-Showcooking con Ana Oca, participante no concurso Master Chef Junior, de TVE.
-Entrega dos premios dos concurso de fotografía e de postres lácteos.
-Obradoiro de manualidades.

Poxa de xovencas de raza Frisona

Outra das actividades centrais da Semana Gandeira de Mazaricos será a poxa de xovencas de Raza Frisona, que se celebrará o domingo, 20, tamén no recinto feiral da Picota. Os animais deberán entrar no recinto o sábado, entre as 10:00 e as 14:00 horas. A poxa celebrarase o domingo a partir
das 11:00 horas.

En paralelo, o domingo celebrarase un campionato de muxido e sortearanse 1.500 euros en agasallos, entre outras actividades.

Concurso de fotografía e de postres lácteos

Outra actividade de grande éxito na pasada edición da Semana Gandeira é o concurso de fotografía sobre a gandería en Mazaricos. Está aberto a todo o público e as fotografías deberanse enviar por whastsapp ao número 628 80 97 61 antes do 15 de novembro. Premiaranse a foto máis artística, a máis divertida, a máis entrañable e a máis votada. As fotos deberán ser sacadas co teléfono móbil e sen ningún tipo de retoque ou filtro.

Ademais, a Semana Gandeira tamén inclúe un concurso de postres lácteos. Os postres entregaranse o sábado, 19 de novembro, ás 16:00 horas no recinto feiral da Picota.

Descarga aquí o programa completo da Semana Gandeira de Mazaricos 2016.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información