Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras do 3 ao 5 de maio

Publicidade

A Asociación Ruta do Viño de Valdeorras está a ultimar os detalles dunha nova edición da ‘Primavera de Portas Abertas’ coa que pretende amosar o seu territorio. O fin de semana do 3 ao 5 de maio, esta iniciativa buscará
incentivar o desenvolvemento do enoturismo coma un dos máis importantes atractivos da comarca.

As primeiras das cinco xornadas que se celebrarán en Galicia, inauguraranse o venres 3 de maio, a partir das 20:00 horas, no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras. Este ano participarán trece adegas valdeorresas que se poden visitar mediante os buses do viño ou por conta propia durante a fin de semana.

Atractivas actividades

Os participantes poderán gozar dunha gran variedade de atractivas actividades que farán que a súa visita a Valdeorras se convirta nunha experiencia enoturística inolvidable. Por só destacar algunhas das moitas opcións que se ofrecerán, os visitantes poderán descubrir a importancia histórica da viticultura na comarca, disfrutar de
showcookings protagonizados por algúns dos pratos tradicionais máis coñecidos da comarca maridados cos viños da Denominación de Orixe, saborear xantares tradicionais amenizados cos sempre divertidos cantos de taberna; ou visitar algúns dos monumentos máis importantes da provincia de Ourense, coma o santuario barroco das Ermidas ou o Castelo medieval do Bolo.

Na ‘Primavera de Portas Abertas’ tamén se poderá participar en outras divertidas actividades coma xogos participativos e ilustrativos da cultura vitivinícola, rutas en bicicleta eléctrica que rematarán cunha cata maridada nunha cova subterránea; ou andainas en plena natureza que permitirán descubrir paisaxes únicos de gran beleza, como as do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Ademais, todos aqueles que opten por gozar desta proposta a primeira fin de semana de maio, contarán tamén con ofertas en aloxamentos e menús especiais preparados nos establecementos da zona que colaboran activamente coa ‘Primavera de Portas Abertas’. Xa se pode consultar a completa axenda destas xornadas en Valdeorras nas webs da
Ruta del Vino Valdeorras e de Turismo de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información