Este sábado pola mañá celebrouse no mercado gandeiro de Friol a segunda poxa de gando frisón, organizada por Africor Lugo en colaboración co concello de Friol.
Finalmente sairon a venda 17 animais e acadouse un prezo medio de 2326 euros por exemplar, sensiblemente inferior a anteriores poxas celebradas este ano na provincia de Lugo (a media en Chantada no mes de marzo foi de 2817 euros por animal), sen dúbida debido á baixada dos prezos do leite nos úlitmos meses.
O prezo máximo foron 3050 euros e o total das vendas ascendeu a 39.550 euros.