Presentados 34 proxectos ó concurso de ideas para rehabilitar o Pazo de Lourizán

Presentados 34 proxectos ó concurso de ideas para rehabilitar o Pazo de Lourizán

Visita institucional ó Pazo de Lourizán.

Para realizar a reforma da finca de Lourizán convocouse un concurso de ideas ao que se presentaron 34 proxectos. O xurado, conformado por persoal do Goberno autonómico, da Deputación de Pontevedra e de diversos expertos no sector, está a avaliar as diferentes propostas. Tamén se crearon dúas comisións auxiliares, unha administrativa e outra técnica, co fin de escoller a iniciativa máis acaída para lograr os obxectivos que persegue a rehabilitación de Lourizán.

O xurado escollerá oito dos proxectos que mellor se adapten e os seus autores deberán presentar propostas concretas de rehabilitación integral e de novos usos. Estes proxectos serán avaliados pola Comisión Técnica, que fará a súa proposta ao xurado. O concurso finalizará coa presentación do gañador, os segundos e os terceiros finalistas e cinco accésit. Todos eles percibirán un premio económico en compensación.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, do director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael López, asistiu onte a unha visita guiada polo Pazo de Lourizán, no marco da iniciativa “Nadal en Galicia” organizada por Turismo de Galicia. Estas xornadas de portas abertas permiten á cidadanía coñecer as instalacións deste edificio histórico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información