A poxa de xovencas preñadas de Acruga, celebrada este fin de semana en Baleira acabou coa adxudicación dos catro exemplares a un prezo medio de 2.475 euros. Trátase dun dos prezos medios máis altos da tempada, nunha poxa na que se sacaron 24 tarxetas.
As poxas das catro xovencas, preñadas de entre 4 e 5 meses e medio, arrincaron nun prezo de saída de 2.000 euros, e contaron cunha axuda á compra de 200 euros.
Finalmente, vendéronse todos os exemplares, con prezos de entre 2.100 e 2.800 euros, adxudicadas a criadores con explotacións na Fonsagrada, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Baralla.