Pedrafita do Cebreiro acolleu este sábado unha xornada sobre xestión das ganderías de vacún de carne

XORNADA UPA PEDRAFITAO responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, clausurou este sábado en Pedrafita do Cebreiro a xornada “Xestión Medioambiental de Explotacións de Vacún de Carne”, organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA e Unións Agrarias-UPA, grazas ao apoio da Deputación de Lugo. Un acto que contou coa presenza do Alcalde da localidade, José Luis Raposo, e do Secretario Xeral de UU.AA., Roberto García González.

O foro, que abriu o Alcalde de Pedrafita, incluíu dous relatorios. Un deles baixo o título A realidade da PAC para as explotacións de vacún de carne, a cargo de Fernando Miranda, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; e o outro sobre o Plan Extratéxico da carne, que abordou José Manuel Andrade, Director da Fundación Juana de Vega.

A xornada rematou cunha mesa redonda para analizar as Perspectivas do sector bovino de carne, na que participaron José Ramón González, e David Erice, gandeiro e técnico de Unións Agrarias- UPA, respectivamente; e a veterinaria e directora da Granxa Gayoso Castro da Deputación, Sonia Verdes.

XORNADA UPA PEDRAFITA 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información