Países nos que se prevé un maior incremento do consumo de viño para 2025

Publicidade

PREVISIONS CONSUMO DE VIÑO EAEEAE Business School publicou o informe Estado do sector vitivinícola 2021 no que analizar a situación actual e perspectivas de futuro para o mercado do viño.

As perspectivas de crecemento do mercado do viño de aquí a 2025, segundo Statista, concéntranse en Francia, Estados Unidos, China, Australia e Angola. Este último cun incremento esperado do 146,6% é líder en revenue procedente da venda de viño en África.

Unha das tendencias máis importante en España é o gran interese en viños con menos gradación alcohólica, máis lixeiros e fáciles de beber porque se perciben máis saudables, e encaixan mellor coa moda crecente do aperitivo. De aí, tamén unha mellor evolución dos viños brancos en 2019 e as previsións de que así sigan. No caso dos espumosos, aumenta a preferencia por produtos orgánicos, naturais e biodinámicos e as tendencias marcan unha clara premiumización e unha previsión de crecemento de cavas premium, Reserva e Gran Reserva, a pesar da marcada caída do consumo desde 2008 nesta categoría.

O aumento de consumo de viño no fogar en España non compensa a caída de vendas global causada pola pandemia de Covid-19

O informe de EAE Business School tamén advirte de unha caída do 14,2% das vendas do viño no mundo, sendo as categorías de viños espumosos (-11,21%) e de viños fortificados (-14,39%) os máis afectados, debido á Covid-19.
En España, prevese un descenso do 34% en vendas, segundo datos de agosto 2020, publicados por Euromonitor e recolleitos por EAE. Segundo o MAPA, a compra de viño en canle Alimentación creceu un 25% durante os 11 primeiros meses de 2020. Os viños que máis se demandaron nas tendas son, igual que no consumo global, os que teñen denominación de orixe, un 31,3% en valor e un 32,7% en volume, respecto ano anterior.

“O dato positivo sobre o aumento de vendas nas tendas para o consumo no fogar non debe confundirnos sobre a situación global, que mostra claramente como houbo unha diminución importante do consumo de viño en España, que está estancado desde 2008, aínda que hai unha tendencia de comprar viños de maior calidade e o gasto per cápita en viño aumentou desde 2010. Os viños máis vendidos son os que custan entre 3 e 3,99 euros, incrementáronse as vendas nas franxas de 4 a 4,99 euros, de 5 a 6,99 euros e de 7 a 8,99 euros e decreceu o volume de viños vendido na franxa por baixo de 3 euros”, explica a autora do informe e profesora de EAE Business School, Glòria Vallès.

Neste sentido, os viños máis consumidos en España son os que teñen Denominación de Orixe, sendo DOCA Rioxa a orixe máis demandada (11.630 miles de persoas consumírono en 2019), seguido de DO Ribera del Duero (8.455), DO Rueda (4.322), DO La Mancha (3.383), e DO Valdepeñas (3.148). Por canles, o 67,7% das vendas prodúcense en supermercados, o 14,6% en hipermercados, o 1,8% en ecommerce, o 1,2% en tendas especializadas e outro 1,2% en cooperativas.

ESPAÑA: PRODUTOR E EXPORTADOR

Tal e como recolle o informe de EAE Business School, España é o segundo exportador de viño do mundo en volume (21,3 mhl), precedido por Italia (21,6) e seguido de Francia (14,2 mhl), pero o terceiro en valor (2,7 miles de millóns de euros), despois tamén de Francia (9,8) e Italia (6,4). “O prezo medio por tanto é moi inferior que o dos seus principais competidores creando un problema de marxe de beneficio para moitos negocios, aínda que en 2019 crecera un 2%. Francia e Alemaña son os dous principais clientes do viño español en volume con 560 e 395 millóns de litros”, sinala Vallès.

En 2020, as exportacións de viño pecháronse con caídas do -3,6% en valor e do -6% en volume, respecto de 2019, segundo OeMV e tal e como recolle o informe de EAE. As vendas situáronse nos 2.012 millóns de litros, por valor de 2.616,1 millóns de euros. Pola contra, o bag-in-box foi o produto que mellor evolucionou, con crecementos do +23% en valor e do +41% en volume, sendo Francia, Reino Unido e Suecia os principais mercados de destino.

As principais empresas produtoras de viño de España concentraron 2.845,8 millóns de euros en vendas en 2019, lideradas por J.García Carrión, que con 850 millóns de euros en vendas controla o 10% do mercado. Esta é seguida por Freixenet (500), Félix Solís (340), Familia Torres (257) e Gonzalez Byass (240). As marcas máis vendidas de viño tranquilo son Marqués de Cáceres, Protos, El Coto, Cune e Terras Gauda, mentres que as de viño de Xerez son Tío Pepe, La Guita, Port Brands e La Gitana. Por rexións, Castela-A-Mancha lidera non soamente a superficie de viñedo senón tamén o volume de produción (16,800 miles de hectolitros), seguida de Cataluña (3.146,6), Estremadura (2.844,7) e Valencia (2.180,8). A Rioxa é a quinta rexión en termos de volume de produción, con 1.894,3 miles de hectolitros).

TENDENCIAS DO MERCADO, MARCADAS POLA COVID -19

O estudo apunta o 2020 e 2021 como un ano para “seguir reaccionando e empezar a tomar decisións estratéxicas adaptadas” a un mundo post-COVID, marcadas polo teletraballo, o cambio de vivenda do centro das cidades nos arredores e as compras online.

“O impacto da pandemia no consumo de Bebidas Alcohólicas caeu un 12%, á que se espera unha recuperación en V, polo menos de forma temporal, polo desexo de celebración que auguran tantos meses de peche e limitación dos encontros sociais. Esta primeira posible euforia non será sustentable no tempo, polo que o sector do viño terá que acelerar a toma de decisións e o deseño de novas estratexias para poder recuperarse e trazar un futuro para as próximas xeracións”, explica Vallès.

Neste sentido, a autora do estudo e profesora de EAE Business School sinala algunhas estratexias como “desenvolver estratexias de mercadotecnia centradas no consumidor, conectar co público Millenial e Xeración Z, analizar os datos de forma regular, crear un bo storytelling, afrontar os retos que presenta o cambio climático mediante un enfoque sustentable do negocio, innovar e dixitalizar dos procesos e vendas e mirar cara aos mercados de América e Asia”.

Descarga aquí o informe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información