Os viños das cinco IXP de Galicia visitarán catro cidades galegas este mes

Publicidade

Este martes 10 de outubro poderá desfrutarse na Deputación Provincial de Lugo do primeiro dos túneles do viño, un espazo de divulgación, promoción e degustación dos viños amparados baixo o selo das diferentes IXP. Durante esta xornada degustaranse viños das diferentes IXP de Galicia, incluidos os da recén incorporada Terras do Navia, para coñecer as súas características diferenciais.

As xornadas comezarán pola mañá coa Presentación do proxecto de cooperación das IXP de viños de Galicia seguido dunha masterclass da man de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e pola tarde haberá catas comentadas por Martiño Santos (de 17 h. a 20:00h.) orientadas tanto a profesionais, prescriptores, canal Horeca etc. como abertas ao público en xeral. 

As prazas son limitadas e está aberta a inscrición gratuíta na web viños.ixp.gal

As seguintes citas terán lugar en:

Luns 16 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense): masterclass de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e cata de viños comentada por Martiño Santos (ás 17 h. e ás 18 h.)

Luns 23 outubro en MUTA (Vigo): masterclass de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e cata de viños comentada por Martiño Santos (ás 17 h. e ás 18 h.)

Luns 30 outubro na Aula de Cata Paadín (A Coruña): masterclass de Luis e Alejandro Paadín (de 11 a 13 h.) e cata de viños comentada por Martiño Santos (ás 17 h. e ás 18 h.)

Programa_Cidades viños galicia Cartaz 4 Eventos viños galicia

Proxecto de cooperación “Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia”

Este proxecto de cooperación é impulsado polos Grupos de Desenvolvemento Rural e financiado polo FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural), no marco do programa LEADER. Participan en total 6 GDR, actuando o GDR de Pontevedra Morrazo como Coordinador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información