Os produtores din que as axudas da UE ao porcino están feitas para a industria

O presidente de Fegapor advirte de que “máis que para compensar aos produtores, a medida está pensada para evitar a importante suba da carne de porcino prevista para os próximos tres meses”.

Os produtores din que as axudas da UE ao porcino están feitas para a industria

O baixada no número de leitóns na UE provocará un encarecemento da carne de porcino nos próximos meses.

A Comisión Europea ven de aprobar axudas para o almacenamento privado de carne de porcino, unha medida que será efectiva para a próxima semana.

As axudas estarán destinadas ás industrias que almacenen carne, correndo cos gastos, durante un período comprendido entre os dous e os tres meses, sen previsión de que haxa prórroga.

Trala votación, o Comisario Europeo de Agricultura, Phil Hogan, declarou que “estou convencido de que a axuda ao almacenamento privado é a ferramenta máis efectiva da que dispomos para (…) eliminar un volume de produto considerable, estabilizar a situación financeira dos agricultores e permitir que o mercado se recupere mediante o estímulo dunha fráxil recuperación dos prezos».

A recuperación do mercado porcino contradí á Comisión Europea

Ata aquí todo parece ir na boa dirección de axudar aos produtores de porcino da Unión Europea ante a crise de prezos provocada polo veto de Rusia que esta levando ao peche de explotacións.

Porén, cando se lle pregunta aos produtores de porcino a valoración é moi diferente da das autoridades de Bruxelas: “trátase dunha medida máis feita para a industria que para os produtores de porcino”, afirma Javier Vidal, presidente de FEGAPOR, a Federación Galega de Porcino.

Fronte á situación de caída de prezos que describe o Comisario de Agricultura, Javier Vidal replica que “hai unha recuperación do mercado, agora mesmo o prezo de porco cebado está a 1,12 €/kilo vivo, cunha suba constante nas últimas semanas en toda Europa, e a previsión é que en 15 días o prezo estea a 1,25 €, co que nos situaríamos por riba dos custos de produción, que son de 1,20 €/kilo”.

Unha valoración que se corrobora na Mesa de Prezos do Porcino da Central Agropecuaria de Galicia desta semana e nas principais lonxas europeas:

COTIZACIONS_SILLEDA_PORCINO_24_02_2015

Fonte : Central Agrocopecuaria de Galicia

As axudas da UE están pensadas para frear o encarecemento do prezo do porcino previsto para os próximos meses

Ademais, o prezo do leitón disparouse no último mes e medio pasando de 22 € o exemplar a 40 € tal e como se aprecia nesta gráfica da propia Comisión Europea:

prezos_bacoriño_ue_2014_01_standar

Fonte: Comisión Europea de Agricultura

E é que, segundo explica o presidente de FEGAPOR “debido a unha enfermidade que está afectando a toda Europa, a Diarrea Epidémica Porcina, houbo unha mortaldade de leitóns nos últimos dous meses, que se notará nos mercados nos próximos meses en forma de baixada da oferta de carne de porco cebado e aumento dos prezos”.

Deste xeito, “a previsión era que dentro de 4-5 meses o prezo do porco cebado estivera en 1,50 euros, permitindo así unha mellora para da situación económica dos produtores”.
Sen embargo, a medida da Comisión Europea de conceder axudas ao almacenamento privado “o único que vai conseguir “é frear esa mellora dos prezos: cando o porco cebado chegue aos 1,40 €, a industria vai quitar ao mercado esa carne almacenada e o prezo ao produtor vai quedar en 1,35 cando debería estar en 1,50 €”.

Piden axudas á exportación como medida que sí axudaría aos produtores

Neste sentido, Javier Vidal considera que “a quen realmente van beneficiar estas axudas da Unión Europea son ás industrias, que ademais van ter un prezo asequible para volver a exportar a Rusia cando se reabra ese mercado, e aos Gobernos, que deste xeito van contribuír a que non suba o IPC”.

Fronte á decisión de Bruxelas, o presidente dos porcicultores galegos defende que “unha medida de máis calado para apoiar aos produtores de porcino sería que a Unión Europea establecese axudas á exportación a terceiros países, pois deste xeito non hai posibilidade de que a carne se almacene” e se utilice para arrefriar a suba de prezos en orixe.

exportacions_porcino_ue_2014_01_standar

Fonte: Comisión Europea de Agricultura

 

NOTA: O forte incremento das exportacións da UE a Asia nos últimos meses é debido á baixada da produción de porcino en Estados Unidos causada pola Diarrea Epidémica Porcina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información