Os prezos da carne de vacún recupéranse na Unión Europea a niveis pre-Covid

CARNE VACUN UE 2021 1A Comisión Europea confirma unha recuperación dos prezos no vacún de carne no seu último informe sobre a evolución do sector, de forma que se están achegando e mesmo superando as cotizacións pre pandemia do Covid19.

Así, os becerros en canal aumentaron a súa cotización case un 10% nos últimos doce meses, cun prezo medio de entre 3,72 e 3,85 euro o kilo, segundo a categoría. O maior incremento rexistrouse nas canales de vaca, que subiron un 16,4% interanual, quedando dunha media de 3,24 euros o kilo.

No conxunto da Unión Europea tamén houbo unha recuperación no prezo dos becerros vivos: de media os pintos páganse a 103 euros, un 30% máis que en agosto de 2020, e os cruces de razas cárnicas cotízanse de media a 231 euros por animal, un 12,4% máis que hai doce meses.

CARNE VACUN UE 2021 2

Por outra parte, continúa a tendencia á baixada na produción de carne de bovino na UE. Así, entre xaneiro e abril deste ano a produción baixou un 1,1% respecto ao mesmo período do pasado ano, debido sobre todo á caida da produción de carne de becerro, que caeu un 2,6%.

CARNE VACUN UE 2021 3

Descarga aquí o informe completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información