“Os gandeiros non podemos ser reféns dos transportistas”

“Os gandeiros non podemos ser reféns dos transportistas”

O conselleiro do Medio Rural e os secretarios xerais de Unións Agrarias e ASAGA esta mañá en Madrid

Centos de agricultores e gandeiros galegos participaron esta mañá en Madrid na multitinaria manifestación convocada en defensa do mundo rural e para esixir ás administracións solucións ante a situación crítica pola que están a pasar debido á suba dos costes de produción, agravada pola guerra da Ucraína e na última semana pola folga dos transportistas.

Na marcha estiveron presentes os secretarios xerais da Asociación Agraria de Galicia, de Unións Agrarias ou o propio conselleiro do Medio Rural, quen reclamou que “se lle recoñeza ao sector pimario o seu papel estratéxico na nosa economía”.

Neste sentido, José González volveu reclamar ao Ministerio de Agricultura que se cumpra a Lei de Cadea Alimentaria de forma que os agricultores e gandeiros non teñan que vender por debaixo dos custos de produción. “Requirimos que se faga efectiva a prohibición de venda a perdas e requirimos ao ministro unha xuntanza inmediata para acordar unha suba dos produtos gandeiros”, subliñou.

Ademáis, o conselleiro volveu demandar ao Goberno Central que se reúne e desbloque canto antes a folga dos transportistas pois “hai moitos gandeiros galegos aos que non se lles recolle o leite, falta penso nas granxas e a situación pode voltarse dramática nos próximos días”.

“Os gandeiros non podemos ser reféns dos transportistas”

Pola súa parte, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, reclamou “a necesidade urxente dunha suba dos prezo da carne e do leite en orixe, para que podamos repercutir os fortes incrementos dos custes de produción”, pero tamén axudas directas para as explotacións. “Urximos ao Goberno a que poña a disposición das granxas axudas públicas directas pois moitas delas están en risco de quebra”.

Ademáis, anunciou que mañá luns ás 12:00 horas está prevista unha concentración na Coruña diante da Delegación do Goberno en Galicia para esixir que as forzas de seguridade fagan cumprir o servizo de transporte do sector agrogandeiro. “Os transportistas están nunha situación complicada pero non poden ter como reféns aos gandeiros. Queremos que se solucione a súa situación pero non podemos ser reféns deles obrigándonos a tirar o leite ou impedindo que se sacrifiquen os animais. Temos que facer coincidir os dous dereitos e esixir ao gobeno que faga cumprir estes servizos esenciais”, subliñou o secretario xeral de Unións Agrarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información