Os brancos e tintos galegos, grandes triunfadores de VinEspaña 2021

Publicidade

Os viños brancos e tamén tintos galegos acábanse de alzar con 10 Grandes Ouros, a máxima distinción, na III Edición de VinEspaña 2021, o prestixioso concurso nacional organizado pola Federación Española de Enoloxía, e que se celebrou esta semana en Almendralejo (Estremadura).

As máximas distincións logradas polos viños galegos corresponderon a 6 brancos, 3 tintos e un na categoría de viños elaborados con variedades de uvas minoritarias. Tamén destaca na categoría de viños ecolóxicos o ouro logrado por CORGA BRANCELLAO ECOLÓXICO 2020 ,e elaborado pola adega PEREIMOS 2007 S.L na DOP RIBEIRA.

Esta é a lista dos 10 Grandes Ouros logrados polos viños galegos en VinEspaña 2021:

-VIÑOS BRANCOS TRANQUILOS:

TERRAS MANCAS 2019 ADEGA TERRAS MANCAS IGP VT VALLE DEL MIÑOOURENSE/VAL DO MIÑO-OURENSE GRAN ORO

EIDO DA FONTE 2020 EIDO DA FONTE DOP RIAS BAIXAS GRAN ORO

PACO & LOLA VINTAGE 2020 PACO & LOLA (COOPERATIVA VITIVINÍCOLA AROUSANA, S.C.G.) DOP RIAS BAIXAS GRAN ORO

PRIORATO DE RAZAMONDE 2019 PRIORATO DE RAZAMONDE DOP RIBEIRO GRAN ORO

TRASDOVENTO 2019 ADEGA TRASDOVENTO DOP MONTERREI GRAN ORO

VEGA DE LUCIA GODELLO 2020 AYSV. MENASA S.L DOP MONTERREI GRAN ORO

-VIÑOS TINTOS TRANQUILOS:

CORONÍN 2019 FIDEL GALLEGO CARREIRA (BODEGA A CARQUEIXA) DOP RIBEIRA SACRA GRAN ORO

EIDO DA FONTE PLURIVARIETAL 2017 EIDO DA FONTE DOP RIAS BAIXAS GRAN ORO

XIANA 2020 CHAO DO COUSO S.L. DOP RIBEIRA SACRA GRAN ORO

-VIÑOS DE UVAS MINORITARIAS:

VIÑAREDO SOUSÓN BARRICA 2019 SANTA MARTA S.A.T. DOP VALDEORRAS GRAN ORO

O palmarés complétase cun bo número de medallas de ouro e prata.

Consulta aquí a lista completa de viños premiados en VinEspaña 2021

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información