Esta tarde comezou a terceira edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, organizadas pola área de Medio Rural da Deputación de Lugo e a Asociación Corripa no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz.
Os bosques centraron a primeira xornada, que contou con intervencións do presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC Serafín González Prieto, que abordou a problemática dos lumes forestais, e de María Melero, responsable do Programa Bosques, de WWF Adena, que tratou os retos de presente e futuro destes espazos naturais. Ademais, cun enfoque máis cultural, o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira falou da presenza da temática natural na obra da autora de “Follas Novas”.
Oitenta persoas inscribíronse para participar no encontro, que se celebra ata o domingo no ecomuseo El País del Abeyeiro e que suliña a importancia dos entorno rurais para a conservación da biodiversidade
A xornada do sábado centrarase en figuras pioneiras ou historicamente relevantes no estudo, conservación e divulgación da biodiversidade a nivel mundial como o cartógrafo Félix de Azara, pioneiro en documentar a biodiversidade de América do Sur; o científico Charles Darwin, que teorizou sobre a evolución das especies e a selección natural; o xeógrafo, naturista e explorador Alexander Von Humboldt, pioneiro do pensamento ecolóxico; o naturalista Carlos Linneo, que desenvolveu a nomenclatura científica de animais e plantas ou a entomóloga e ilustradora Maria Sybilla Merian. O programa inclúe tamén mesas redondas sobre divulgación científica e comunicación de temáticas relacionadas co rural e a conservación medioambiental.
O domingo está prevista unha xornada de portas abertas con paseos guiados polo Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo, inaugurado nas xornadas do ano pasado, e polo nomeado como “Souto de Humboldt”, un bosque de castiñeiros centenarios na contorna do ecomuseo de El País del Abeyeiro que a Asociación Corripa está a poñer en valor como espazo de biodiversidade e memoria con ilustracións de David Despau.
Sábado 29 de Abril: Pioneiros da Ciencia
09:30 Carlos Linneo e a nomenclatura científica
Félix Torres (Taxónomo e entomólogo. Universidade de Salamanca)
10:30 Maria Sybilla Merian: Unha ilustradora e naturista do século XVII
Xavier Sistach (Especialista en Historia Natural Antiga dos insectos)
11:30 Pausa Café
11:45 Mesa redonda: Comunicar O Rural
Sandra Sutherland (Informadora de RTVE. Xornalista de APIA)
Pedro Cáceres (Fundador “El Ágora Diario del Agua”)
Óscar Prada (Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidade. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico)
Marta Veiga (Xornalista. Comité de redacción da Revista Luzes)
Modera: Alberto Uría (Vicepresidente da Asociación Corripa)
13:00 Paseo guiado polo Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo
José Carlos Otero (Entomólogo. Universidade de Santiago de Compostela), Félix Torres (Taxónomo e entomólogo. Universidade de Salamanca) e Alberto Uría (Apicultor)
14:15 Comida popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)
15:30 Unha viaxe pola ciencia: Alexander Von Humboldt
José Carlos Otero (Entomólogo. Da Universidade de Santiago de Compostela)
16:30 O poder da pupila
Conchi Lillo (Neurobióloga. Universidade de Salamanca)
17:30 Charles Darwin: evolución da domesticación, o proceso que mudou a ecoloxía do mundo
Alex Richter-Boix (Biólogo, Doutor en Ecoloxía Evolutiva e divulgador científico)
18:30 Pausa Café
18:45 A Estación Biolóxica do Frío e o regreso dos naturistas españois a América. Un longo camiño tras Félix de Azara.
Javier Castroviejo Bolíbar (Presidente da Asociación Amigos de Doñana. Expresidente do Programa Home e Biosfera” (UNESCO). Ex-director da Estación Biolóxica de Doñana)
19:45 Mesa redonda: Divulgando Ciencia
Natalia Ruiz Zelmanovitch (Divulgadora científica do CSIC)
Conchi Lillo (Neurobióloga. Universidade de Salamanca)
Alex Richter-Boix (Biólogo e divulgador científico)
Manuel González (Astrónomo. Instituto de Astrofísica de Andalucía. IAA-CSIC).
Modera: Roberto Lozano (Fundación Osíxeno)
21:30 Cea: Casa Sidrón – Pieiga (Negueira de Muñiz)
23:30 Conversa entre amigos baixo as estrelas e queimada popular
Domingo 30 de Abril: Un bosque de coñecemento (Xornada de portas abertas)
10:00 Café de benvida
10:30 “O Souto de Humboldt”, un proxecto con raíces
Presentación do vídeo
Vanessa Paredes, Alberto Uría, Bernabé Moya e Félix Torres
11:00 Inauguración do “Souto de Humboldt”
Interveñen representantes públicos e David Despau (autor dos retratos)
11:30 Paseo guiado “Os castiñeiros seculares do Souto de Humboldt, un patrimonio botánico para a biodiversidade e a memoria”
Bernabé Moya (Botánico) e Floreal Uría (Natural de Penadanogueira)
12:30 Actuacións musicais:
Davide Salvado
Alonso e “Los Ojazos”
Natalia Ruiz e Manuel González
14:30 Comida Popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)
17:00 Paseo guiado polo “Souto de Humboldt”.
Fé Álvarez (Ambientóloga e Xerente do GDR Montes e Vales Orientais), Vanessa Paredes e Alberto Uría