Obradoiros para a dixitalización da industria agroalimentaria

Obradoiros para a dixitalización da industria agroalimentaria

Datalife, co apoio da Xunta e os Feder, impartirá cinco obradoiros destinados á dixitalización da industria 4.0, dos cales 3 están vencellados á agroindustria. Poderán asistir todas as empresas non tecnolóxicas interesadas na iniciativa. É necesaria unha inscrición a través da web de Datalife. Os prazos límites para o rexistro cerrarán entre o vindeiro día 14 e o 22 de marzo.

A súa finalidade é impulsar espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas na dixitalización de laboratorios, na innovación das empresas agroalimentarias da cadea de valor láctea, na sustentabilidade apoiada na dixitalización e nas solucións dixitais para as certificacións de selos de calidade.

Estes obradoiros contarán cunha serie de accións como diagnósticos individuais de madurez dixital ou seminarios web e encontros para explicar tecnoloxías e resolver dúbidas. A empresa xestora, no final dos procesos, redactará informes individuais para cada empresa coas correspondencias entre os diagnósticos e as ferramentas que axuden a avanzar na dixitalización no seo de cada empresa.

Os tres obradoiros que se impulsarán relacionados coa agroindustria son:

1. Tools4milk: Dixitalización da agroindustria. Este obradoiro ten por finalidade coñecer as necesidades non cubertas, as barreiras que provocan o escaso avance dixital do sector, etc. de forma que os participantes poidan construír o seu itinerario de transformación dixital cara o mundo 4.0.

2. Sustentabilidade apoiada na dixitalización. Atopará solucións que axuden ás empresas a optimizar os seus procesos e mellorar os seus produtos para conseguir unha redución da pegada medioambiental. A execución dos proxectos articularase dende a perspectiva da sustentabilidade e a dixitalización e a súa vinculación a cada un dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

3. Certificacións e selos de calidade apoiados na dixitalización. Trátase de que as empresas atopen un camiño de colaboración para desenvolver solucións dixitais que cubran as súas necesidades para certificar os seus sistemas de xestión, de xestión ambiental, de seguridade e saúde, ou calquera outra certificación específica ou selo de calidade ligado á súa actividade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información