O salón do viño ‘Vinis Terrae’ celebrarase o 5 e 6 de xuño en Expourense

Publicidade
O salón do viño ‘Vinis Terrae’ celebrarase o 5 e 6 de xuño en Expourense

Ourense Vinis Terrae celebrarase os días 5 e 6 de xuño consolidado como o único salón exclusivamente profesional e destinado aos viños autóctonos. De carácter bienal, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrará a súa décima edición, que contará coa participación de importadores e compradores de 23 países que terán a oportunidade de coñecer as últimas anadas de adegas expositoras, todas elas adscritas ás cinco Denominacións de Orixe presentes, sendo 4 delas da provincia de Ourense (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras). A estas únense a D.O. Rías Baixas, o Consello Regulador de Licores e Augardentes de Galicia e as IXP de Viños de Galicia como Val do Miño e Barbanza e Iria. Esta edición contará coa participación de 64 expositores entre os que poden atoparse adegas e consellos reguladores e unha caseta da Agrupación industrial de Turismo de Galicia, que promociona os distintos roteiros do viño galegos.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, participará na décima edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae que abrirá o cinco de xuño.

A Axencia Galega de Calidade organizará unha serie de catas e charlas formativas. Ademais, no espazo reservado para a Consellería do Medio Rural participarán 12 empresas galegas que foron gañadoras de distincións nas Catas de Galicia 2022.

O luns 5 dará comezo a primeira cata, centrada nos viños brancos premiados con Acios de ouro nas Catas de Galicia 2022. A mañá rematará cunha reunión entre Axencia e os consellos reguladores das denominacións de orixe (DO) do viño de Galicia.

Do mesmo xeito, o martes 6, a xornada comezará cunha cata dos viños tintos premiados cos Acios de ouro nas Catas de Galicia 2022. Posteriormente, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia presentará o monográfico acerca da sintomatoloxía das enfermidades no viñedo galego. A mañá rematará cunha cata novamente, esta vez das augardentes e licores tradicionais premiados cos Potes nas Catas de Galicia 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información