O Nadal deixa baixo mínimos o Mercado de Amio

O Nadal deixa baixo mínimos o Mercado de Amio

Vacún maior no recinto feiral de Amio, en Santiago. // Foto de arquivo.

O Mercado de Amio deste mércores tivo unha mínima afluencia de gando. A última sesión do ano contabilizou só un total de 218 animais, cando o habitual é que se congreguen preto de 2.000 exemplares. Así, a semana pasada contabilizáranse un total de 1.765 reses.

Nesta xornada houbo 4 animais de vacún menor, 96 de vacún mediano de matadeiro e 118 de vacún maior. Como sinalan dende o Mercado, esta baixa afluencia de gando débese á celebración de Nadal. De feito, a Central Agropecuaria de Galicia tamén rexistraba este martes unha mínima afluencia de gando, en especial de recría.

Debido a que se trata dunha xornada de mercado atípica, as mesas de prezos de Ternera Gallega acordaron manter as cifras da sesión anterior para todas as categorías e calidades de gando.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (28-XII-2022).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información