O Foro Rural Sustentable celebrarase en Chantada entre o 19 e 20 de abril

A esta cita acudirá Manuel Campo Vidal achegando o seu coñecemento do rural en España

O Foro Rural Sustentable celebrarase en Chantada entre o 19 e 20 de abril

O profundo impacto que ten o sector primario sobre todos os ámbitos das nosas vidas fai necesario un activismo e unha resposta por parte de toda a sociedade. Con este obxectivo preséntase a segunda edición do Foro Rural Sustentable, un espazo aberto ao debate que fiel aos seus principios desenvolverase na contorna rural dos Casares (Chantada) os días 19 e 20 de abril de 2024.

O Foro Rural Sustentable, grandes compañías ligadas ao sector primario como Corporación Hijos de Rivera, é un espazo de conversacións e debate para a xeración de propostas que trasladar ás autoridades administrativas e outros axentes relevantes na sociedade para esixir os cambios regulatorios necesarios para transformar o rural nun medio máis próspero e sustentable.

Traballando cos axentes reais de cambio

Este proceso de escoita deseñado desde o propio rural, busca xerar alianzas, compartir coñecemento e esixir cambios regulatorios que contribúan á prosperidade do rural.

Para garantir esta proximidade coa realidade do día a día do rural, o pasado mes de decembro foi constituído o Comité Organizador, un órgano consultivo fundamental para alcanzar este propósito de transformación que está composto por Marcos Pérez da Fundación Galicia Sustentable, Cristina Fernández-Armesto de Casa Grande de Xanceda, Xosé Lois Lamazares de Daveiga, Jesús Mazaira de Eras Moniz, David Sueiro de Gallo Celta, Nuria Varela-Portas de Pazo de Vilane, Miriam Pérez de Galería Vilaseco e José Manuel Andrade.

Participantes de referencia

A selección de expertos que participarán no Foro Rural Sustentable 2024 (FRS24) é unha das pezas crave do evento. Para esta edición xa podemos confirmar a presenza de Manuel Campo Vidal quen, nos últimos anos asumiu un rol importante na contribución á prosperidade do rural. No ano 2020, publica La España despoblada: crónicas de emigración, abandono y esperanza, libro no que recolle unha esperanza pola dignificación da vida nos pobos e aldeas que axude a reverter algunhas das tendencias negativas que se aprecian actualmente no rural.

Tamén participará J.J. Delgado recoñecido experto en Ecommerce. Liderou o día coa maior cantidade de vendas internacionais na historia de Amazon e actualmente está á fronte do proxecto BIGCRAFTERS de Hijos de Rivera, quen achegará seguro a súa visión de como a tecnoloxía xoga xa un papel fundamental neste ámbito.

Os asistentes convidados terán o privilexio de escoitar as súas propostas e sacar conclusións directamente do seu profundo entendemento da realidade actual e utilizalas como ferramenta para aproveitar as oportunidades do medio rural. Nas próximas semanas continuarase anunciando os invitados ata completar a presentación do programa completo.

Unha sede singular

A localización seleccionada xoga un papel importante no sentido do evento para promover o encontro e o coñecemento desde a proximidade e a relación directa coas persoas e co territorio, a través da inmersión no medio rural. Así, as sesións de traballo do venres terán lugar na Casa Grande dos Casares. O sábado, o plenario terá lugar o Espazo Vilaseco, unha antiga granxa de gandería transformouse converténdose nun espazo aberto á arte contemporánea no rural.

O Foro Rural Sustentable

O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable impulsado por grandes compañías ligadas ao sector primario para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están a realizar unha contribución á sustentabilidade do rural.

Trátase dun evento de carácter anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural.

A Fundación Galicia Sustentable

A Fundación Galicia Sustentable é unha organización privada, sen ánimo de lucro constituída no ano 2008 co propósito de transformar o rural galego nun medio próspero e coñecida por realizar grandes proxectos como o Mercado da Colleita ou o TEDxGalicia.

O seu gran proxecto para os próximos anos é a Leira Experimental no Concello da Laracha desde onde deseña prácticas agrícolas disruptivas que exploran novos modelos de xestión e negocio que contribuirán á prosperidade da sociedade rural galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información