Mostra Galega de Apicultura este sábado en Arzúa

Este sábado, 11 de xuño, celebrarase en Arzúa a Mostra Galega de Apicultura, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), e que este ano chega á súa edición número 37.

O amplo programa de actividades inclúe conferencias, mesas redondas e a tradicional feira apicola:

10.30 horas: «Artesanía alimentaria» como figura de calidade diferenciada do mel, por Xoán Miguel Concheiro Abal, Departamento de Protección da Calidade Diferenciada, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).
Normatécnica do mel artesán, por Gonzalo Calvo Díaz, veterinario de AGA e experto en control da súa calidade.

11.30 horas: Presentación do libro “Reprodución apícola. Tratado do criador”, por Marcos Varela Lorenzo, cunha introdución de Xosé Torres.
Con esta ocasión, presentación do proxecto e da plataforma do grupo de criadores e seleccionadores de raíñas de abellas negras, por Xosé Manuel Durán Orús.

12.30 horas (primeira convocatoria) : Asemblea extraordinaria de AGA, coa seguinte orde do día:

Punto 1.- Ratificación das persoas designadas polo Consello das DAGAs (D. Gustavo Ferreiro Martínez e D. Jorge Lema Fernández) na Asemblea xeral extraordinaria e ordinaria que tiveron lugar o día 26 de marzo de 2022 para a súa integración na Xunta Directiva de AGA.
Punto 2.- Información no día da data sobre a xestión das naves do Centro do Queixo e do Mel.
Punto 3.- Rogos e preguntas.

13.15 horas : Conferencia sobre a resistencia aos tratamentos de varroa, por Joel González-Cabrera, do Departamento de Xenética da Universidade de Valencia.

14.00 horas : Xantar abelleiro na polbeira de Santa María.

16.00 horas : Presentación de produtos alternativos ao tratamentos con vencionais de varroa, por Francisco Alonso e Filipa Pucariço, de Hifarmax, e por Miguel Capano, de Beevital.

17.00 horas : Mesa redonda sobre a xestión das explotacións apícolas en ecolóxico e convencional, a sú a viabilidade e o seu futuro, por varias socias e socios de AGA no eido afeccionado, semiprofesonal e profesional.

18.00 horas : Charla sobre o Agroseguro nas novas incorporacións á apicultura profesional e resolución de dúbidas sobre a póliza de seguros colectiva que ten subscrita AGA, por persoal de Ucoga.

Feira apícola de 10:00 a 18:00

feira apicola aga arzua Feira-Apicola-1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información