Este mes de xullo tivo lugar o recoñecido concurso internacional de meles London International Honey Awards. Dende a Asociación Galega de Apicultura (AGA) enviaron tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. E este luns recibiron a lista de gañadores, na que resultaron premiados tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce.
• Gold Honey Award, ouro: Mel de Brea-eucalipto, de María del Mar Brea Botana, A Estrada.
• Silver Honey Award, prata: Mel Abella Obreira-melato de carballo, de David Souto Gago, Riós.
• Bronze Honey Award, bronce: Mel Rural-queiroga, de Manuel Macía González-Euromel, S.C., Quiroga.
Ademáis destes tres meles enviados por AGA, tamén foi premiado cunha medalla de ouro outro mel galego: Apia Natura La Original, un mel multifloral do apicultor Elías Seoane.
“Este acontecemento remarca a gran calidade e competitividade dos nosos meles e da forza que teñen para a súa comercialización internacional. Dende AGA seguimos a traballar para mellorar e poder darnos a coñecer no mundo enteiro, pois temos un produto natural e de gran valor”, destaca Xesús Asorey, voceiro de AGA