O local social Fondo de Vila, en Folgoso do Courel, acolle o 30 de setembro e o 14 de outubro senllas formacións centradas na diversificación e comercialización de mel e outros produtos da colmea coas que se busca dar valor engadido á produción apícola.
A primeira xornada terá lugar o sábado 30 de setembro e estará centrada nas esixencias para a etiquetaxe dos produtos apícolas, as figuras de calidade existentes para o mel e o exemplo de transformación conxunta levado a cabo no concello ourensán da Veiga.
O segundo día, o sábado 14 de outubro, entraranse a abordar as distintas fases do proceso de comercialización, as principais vías de saída e o camiño a seguir para chegar ao mercado.
As dúas sesións serán en horario de mañá, de 10 a 14 horas. A asistencia é gratuita previa inscrición a través do seguinte formulario.