Listaxe de beneficiarios das axudas da Xunta para proxectos non agrícolas no rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural para investimentos en actividades non agrícolas no medio rural. Así, foron a través da convocatoria de 2023 beneficiaranse 70 proxectos cunha axuda total de 2,6 millóns de euros.

Estas achegas están orientadas á ampliación e/ou modernización de empresas mediante a adquisición de maquinaria e equipamento destinado a actividades non agrícolas, así como á posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo.

Desta forma, os beneficiarios son tanto microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais como persoas físicas que residan no rural, así como os titulares dunha explotación agraria -ou membros da súa unidade familiar- que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e desenvolvan os proxectos na propia explotación.

Así, a maioría das empresas beneficiarias desenvolven a súa actividade empresarial no sector industrial de Galicia e empregarán a axuda para financiar maquinaria e equipamento para melloras tecnolóxicas e competitivas. Ademais, con respecto aos proxectos para a posta en marcha de novas actividades empresariais en aldeas modelo, cabe destacar unha iniciativa consistente na instalación dunha empresa que opera no sector das artes gráficas no concello de Quiroga, na aldea modelo de Bustelos de Fisteus.

A través destas axudas, a Consellería busca un reforzamento do tecido empresarial no medio rural, coa finalidade de xerar as condicións necesarias para crear e consolidar emprego e afianzar poboación, con incidencia, desde a entrada en vigor da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, nos núcleos das aldeas modelo.

beneficiarios axudas proxectos non agrarios 23 1 beneficiarios axudas proxectos non agrarios 23 2

Enlace á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información