Iniciada a parte práctica do curso de agricultura organizado polo Inorde e Cáritas Ourense

Rosendo Fernández e Mari Carmen Alonso visitaron hoxe ao alumnado que está a aplicar os coñecementos adquiridos na parte teórica sobre técnicas básicas e operacións auxiliares en agricultura na finca de ensaios deste organismo

Publicidade
Iniciada a parte práctica do curso de agricultura organizado polo Inorde e Cáritas Ourense

Visita ao alumnado do curso de agricultura de Inorde e Cáritas Ourense na finca de ensaios. Foto: INORDE

O presidente do Inorde en funcións, Rosendo Fernández, e do equipo de coordinación de Programs de Cáritas Ourense, Mari Carmen Alonso, visitaron ao alumnado do curso de agricultura posto en marcha por ambas entidades, logo de rematar coa parte teórica do mesmo que foi impartida no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro.

Esta acción formativa en técnicas básicas e operacións auxiliares en agricultura comezou un ano máis cun dobre obxectivo: dotar de coñecementos ás persoas en risco de exclusión social, nun dos sectores que máis demanda ten actualmente de man de obra cualificada na provincia, así como colaborar con Cáritas coa doazón do produto resultante do seu traballo, mantendo o compromiso social do Inorde co tecido social da provincia.

Tralo módulo de alfabetización e da parte teórica do curso, o alumnado comeza agora coa formación eminentemente práctica que está relacionada cos labores de cultivo máis habituais na zona, para que poidan desenvolver un traballo agrario cun mínimo de aptitudes técnicas. Na terceira fase do curso, ensinaráselles os pasos a realizar durante os labores de almacenaxe e transformación primaria dos produtos agrícolas sobre os que traballaron na fase práctica de técnicas de cultivo. Posteriormente, destinarase toda a produción agraria obtida durante a formación en campo, a paliar as demandas de alimentos que Cáritas Ourense asume durante todo o ano.

Este curso leva formando, nestes dez anos, a máis de 100 persoas, dotándoas de habilidades e coñecementos técnicos para acadar un lugar na estrutura produtiva do sector primario, para que poidan atopar un posto de traballo neste sector ou que inicien procesos de emprendemento e autoemprego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información