Fearmaga imparte un curso sobre loxística forestal

Fearmaga imparte un curso sobre loxística forestal

O curso impartirase de xeito telemático

A Federación de Aserraderos e Rematantes de Galicia (Fearmaga) imparte desde o 24 de xaneiro ata o vindeiro 4 de febreiro unha nova edición do curso ‘Loxística no sector forestal’. Esta acción formativa conta coa colaboración de XERA e ca participación de 12 profesionais do ámbito forestal. O obxectivo principal do curso é facilitar o acceso dos profesionais a ferramentas necesarias para garantir un mellor servizo aos clientes, reducindo os custos dos procesos de planificación, execución e control dos produtos, o que remite a unha mellora da produtividade das empresas.

A formación é totalmente telemática e inclúe contidos teórico-prácticos a través de videoconferencia en tempo real. O curso tamén ten un apartado final de estudo de casos, no que os asistentes aplicarán os coñecementos adquiridos sobre xestión da carga, documentación en almacén, e transporte ou xestión de stock.

A iniciativa enmárcase nun plan específico de formación da Federación Empresarial de Aserradeiros e Rematantes da Madeira en Galicia, destinado a alcanzar unha maior competitividade e eficiencia do sector e dos profesionais. Neste sentido, Fearmaga conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de accións formativas para empresas deste eido. Desde o 2015, a Federación sinala que é a única entidade do sector acreditada para impartir este tipo de cursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información