Archives

CLUN e FEFRIGA apostan polo futuro da gandería galega cun convenio de colaboración

A cooperativa rural galega CLUN, en colaboración con a Federación Frisona de Galicia (FEFRIGA), reforza o seu apoio ao sector gandeiro galego mediante a firma dun novo convenio de colaboración. Este acordo, asinado este xoves na sede de CLUN en Ames, permitirá o patrocinio dos concursos de novos manexadores e preparadores, así como o apoio á escola de xóvenes gandeiros, destacando o compromiso continuado de ambas entidades co desenvolvemento rural sustentable e innovador. O acto contou coa presenza de José Ángel Blanco, presidente de CLUN, e Manuel Sandamil, presidente de AFRICOR Lugo e de FEFRIGA, xunto con outros directivos. Tras a sinatura, os presentes realizaron unha visita ás instalacións da fábrica de leite Feiraco, onde se discutiu a importancia do acordo para a promoción do sector lácteo e a gandería en Galicia. Manuel Sandamil resaltou a importancia de asegurar o futuro do sector, expresando a esperanza de que este convenio axude a incrementar as actividades para a mocidade e fomente o seu interese polo rural. Por outro lado, José Ángel Blanco enfatizou o compromiso de CLUN coa sustentabilidade do rural e coa formación de novas xeracións que poidan continuar coa tradición gandeira. En resposta ao problema do decrecente número de explotacións en Galicia, CLUN ten lanzado varias iniciativas educativas, incluíndo o primeiro ciclo superior de FP Dual en Gandería e asistencia en Sanidade Animal e o proxecto Hábitat rural, que promove a integración de migrantes no sector gandeiro. O convenio tamén cobre a colaboración na Escola de Xóvenes Preparadores, un campamento de verán en Lalín destinado a formar a uns sesenta xoves gandeiros de toda Galicia. Esta iniciativa proporciona formación práctica esencial no coidado e manexo de animais, apoiando o desenvolvemento sustentable e a profesionalización do sector gandeiro.

A cooperativa Campoastur colabora para impulsar hortas ecolóxicas nos colexios de Asturias

As entidades Caixa Rural de Asturias, a cooperativa Campoastur, e o Consello da Produción Agraria ecolóxica do Principado de Asturias asinan un convenio para o apoio da Rede de hortos ecolóxicos escolares do Principado de Asturias. Desta maneira, estas entidades manifestan a súa aposta por levar as prácticas e valores da agroecoloxía aos centros educativos e ás futuras xeracións asturianas que se forman neles. O acto da firma do convenio de colaboración entre as 3 entidades realizouse no Colexio Nazaret de Oviedo. Este centro escolar, parte da Rede, utiliza o seu horto escolar ecolóxico como un recurso educativo con implante curricular en todos os cursos. Ademais, realizaron cos seus alumnos e o apoio da rede un horto urbano realizado en bancais no propio patio do colexio, co que os escolares conviven nos seus  intres de lecer. A Rede de hortos ecolóxicos escolares do Principado de Asturias naceu en 2012 da man do COPAE. Desde entón medoru notablemente até alcanzar os 127 centros no curso 2023-2024 e a máis de 6.000 alumnos. Soamente no curso 2022-2023 sumáronse 45 centros novos. Ao longo destes anos realizáronse actividades formativas nos centros da Rede. En moitos casos, estas actividades serviron para pór en marcha novos hortos ecolóxicos educativos neses mesmos centros e, noutros, para mellorar as iniciativas hortícolas que xa se estaban levando a cabo nalgúns centros. Ademais, fomentouse o contacto dos alumnos dos centros-rede con produtores ecolóxicos do campo asturiano, a través de excursións subvencionadas.

A Deputación de Pontevedra apoia á Fundación Semana Verde de Galicia con 150.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosa o compromiso do goberno provincial co sector agrogandeiro da comarca do Deza e do conxunto do territorio pontevedrés coa sinatura dun convenio de colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Un acordo a través do cal a Deputación achega 150.000 euros para colaborar con esta entidade na organización das súas actividades feriais e mercados agropecuarios. Un pacto que, segundo o mandatario provincial, reflexa a vontade da Deputación de seguir tendendo pontes con entidades tan importantes para a provincia e  economía como a Fundación Semana Verde de Galicia para seguir impulsando o rural e o sector agrario e gandeiro. A través deste acordo asinado entre Luis López e o director do Padroado da Fundación, Ricardo Durán; a Fundación Semana Verde de Galicia e a Deputación de Pontevedra amosan a súa vontade de cooperar en beneficio dun motor económico e de emprego esencial para as comarcas do interior da provincia. Un convenio que supón unha aposta polo desenvolvemento económico da provincia, un avance á hora de afrontar o reto demográfico e unha nova mostra do apoio da Deputación ao rural. Un documento que, como subliñou o presidente, é froito dunha preocupación e vocación compartida por demostrar que a agricultura e gandería da provincia é presente e tamén futuro. Nun acto organizado no recinto feiral de Silleda, epicentro da industria agrogandeira de Galicia, o dirixente provincial amosou a súa satisfacción “por un convenio que afonda na vocación ‘municipalista’ da Deputación, ao apoiar iniciativas que axudan a concellos como o de Silleda e a comarca do Deza a prosperar. Ao mesmo tempo, contribúe a manter e impulsar a actividade económica, o que axuda a frear o despoboamento. Ademais, o apoio a esta Fundación potencia o sector agrario e faino máis competitivo nun mercado global”.  Desde a Deputación reiteran o seu compromiso por seguir colaborando en todo o que sexa posible para seguir impulsando este sector fundamental e motor económico, “ao tempo que valoran o labor que desempeña a Fundación Semana Verde de Galicia a prol da industria agrícola da provincia”, sinalan desde a institución.