Este fin de semana celébrase en Muras a Feira do Poldro e do Gando de Monte

O domingo, 24 de Setembro, o municipio lucense de Muras acollerá a celebración da XXXV Feira do Poldro e do Gando do Monte, unha cita xa tradicional para os amantes do gando equino.

Este é o programa:

Sábado, 23 de setembro:

-Desde as 20.00 horas poderase degustar a “Hamburguesa Gañidoira”, elaborada 100% con carne de poldro e ás 20.30 horas participar en os xogos rurais.

Domingo 24, Día da Feira:

-10.00 horas: Apertura da feira,

-10.30 horas: Cualificación do gando

-11:00 horas: Inicio a exhibición de escultura de madeira con motoserra e disputarase o Concurso Morfolóxico de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga).

-12.00 horas: Homenaxe á Asociación Atila.

-12.30 horas: Degustación da “Hamburguesa Gañidoira”.

-13.00 horas: Carreiras de cabalo marchador galego.

-15.30 horas: Presentación das carreiras de andaina e ás 15.45 horas darán inicio ditas carreiras.

-19.00 horas: Entrega de premios.

Ao longo de toda esta xornada haberá animación musical e actividades infantís (bautismo hípico, inchables e touro mecánico).

feira-do-poldro-e-do-gando-do-monte-muras_img2762n2t0 feira-do-poldro-e-do-gando-do-monte-muras_img2762n1t0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información