Este domingo comeza a vendima na DO. Valdeorras, a máis adiantada de Galicia

Publicidade
Este domingo comeza a vendima na DO. Valdeorras, a máis adiantada de Galicia

Vendima na DO. Valdeorras. Foto: Cedida

O inicio da vendima en Valdeorras este ano adelantarase respecto á media das últimas colleitas. Este domingo 20 de agosto, a adega María Teresa López Fidalgo comezará a recoller uva godello na súa viña “O Cabalín”, en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras); mentras que Bodega Sampayolo recolectará a mesma variedade na súa finca “Olivedo”, en Sampaio (Petín).

As altas temperaturas que leva soportando a comarca os últimos meses provocaron que se adiantase a data da vendima respecto a outros anos. Non estamos falando de feitos illados só nunhas poucas parcelas, xa que, a día de
hoxe, xa confirmaron o inicio dos traballos de recolección para comezos da vindeira semana outras 6 adegas máis.

Boas previsións

Os técnicos do Consello Regulador, tras as últimas visitas a viñedo realizadas estes días, esperan que sexa unha boa vendima, na que seguramente se superarán os quilos de uva recollidos en 2022. No que se refire á calidade, as
previsións tamén son moi boas xa que as distintas variedades que se cultivan en Valdeorras presentan, a día de hoxe, un estado óptimo de conservación na gran maioría das parcelas.

A pesar do temperán comezo dos traballos de recolección, agárdase que esta campaña sexa longa e que non remae ata principios de outubro. As grandes diferencias de altitude entre unhas zonas e outras do territorio amparado, provocan que os tempos de maduración sexan moi diferentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información