O Campus Terra (Universidade de Santiago de Compostela), en colaboración co grupo de traballo AFINET, está a elaborar unha enquisa sobre o impacto que tivo, ten e previsiblemente terá sobre o medio rural galego a grave crise do coronavirus que estamos a sufrir.
É por iso que agradecen que agricultores e gandeiros respondan a un ou varios dos seguintes bloques de preguntas asociadas coa agricultura e a gandeiría.