A Deputación de Lugo lanza un programa de apoio e asesoramento ás empresarias e emprendedoras do rural

A Deputación de Lugo lanza un programa de apoio e asesoramento ás empresarias e emprendedoras do rural

O presidente da Deputación de Lugo, Jose Tomé Roca, presentou este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o programa “Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si”,

O presidente da Deputación de Lugo, Jose Tomé Roca, presentou este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o programa “Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si”, unha nova iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

José Tomé anunciou que a institución provincial financia este proxecto integramente cunha achega económica de 40.000€ a través dun convenio de colaboración que asinará nos vindeiros días coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU), a entidade que desenvolverá as distintas accións.

O mandatario provincial presentou a iniciativa xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a presidenta de AELU, Beatriz Varela, un acto no que subliñou que se trata dunha nova medida “que impulsamos dende a Deputación de Lugo para seguir apoiando e fortalecendo o tecido produtivo da provincia, neste caso, os proxectos empresariais e emprendedores liderados por mulleres no rural”.

O presidente provincial detallou que é “un programa no que as participantes recibirán formación, acompañamento e asesoramento de maneira gratuíta, tanto para mellorar os negocios que están en marcha, como para favorecer o éxito e viabilidade das iniciativas emprendedoras”.

Por comarcas

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as accións do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra.

O programa “Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de si” arrancará nas vindeiras semanas e prolongarase ata finais de ano. Nunha primeira fase, organizaranse almorzos de traballo conxunto nos que participarán 175 mulleres nas 7 comarcas. En cada comarca habilitaranse 25 prazas co obxectivo de “crear sinerxías entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras que beneficien ós proxectos individuais de cada unha”, detallou Tomé Roca.

Despois, haberá unha segunda fase onde participe unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo. Polo tanto, un total de 35 persoas recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información