A D.O. Valdeorras mellora a certificación dos seus viños co apoio da Universidade de Vigo

Publicidade
A D.O. Valdeorras mellora a certificación dos seus viños co apoio da Universidade de Vigo

Reunión do pleno do Consello Regulador da DO. Valdeorras

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou este martes a sinatura dun novo convenio entre o organismo e a Universidade de Vigo para introducir melloras no seu Sistema de Xestión da Certificación de Produto (SGC). “Esta colaboración, iniciada en 2018, foi fundamental para obtermos a certificación ENAC, que pretendemos revalidar o ano que vén, de novo coa colaboración do Grupo de Enxeñaría de Organización do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo”, manifestou o presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando.

A colaboración que se vai promover entre o Consello Regulador e a Universidade de Vigo permitirá a plena integración no SGC dos novos métodos de análises sensoriais do Panel de Cata do Consello Regulador, nos que se ven traballando dende hai tempo.

Plan de traballo conxunto

Neste sentido, o plan de traballo conxunto entre a D.O. Valdeorras e a Universidade de Vigo permitirá a continuación do asesoramento na consolidación e mellora da implantación do SGC. O Consello Regulador poderá reclamar a presenza dos técnicos da Universidade en catas e probas do Panel de Cata ou nos plenos do organismo para proporcionar información ou resolver dúbidas sobre a certificación ENAC.

Tamén se poderá solicitar a presenza dos técnicos en reunións ou sesións do Comité de Garantías e durante todo o proceso de cumprimento da nova auditoría de ENAC, que terá lugar previsiblemente en febreiro de 2021.

A acreditación é unha esixencia da OCM comunitaria para todos os órganos de control de calidade dos consellos reguladores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información