A D.O. Monterrei volve á Feira do Viño de Düsseldorf

Publicidade
A D.O. Monterrei volve á Feira do Viño de Düsseldorf

A D.O. Monterrei participará na Feira Prowein de Düsseldorf (Alemaña) e farao da man de 29 viños (18 brancos e 11 tintos) pertencentes a 16 adegas rexistradas na denominación. As adegas que estarán presentes en Prowein serán: Pazo das Tapias, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Ao-Bar (Daniel Fernández), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo, Fragas do Lecer, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Argéntea), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.

Trátase da quinta ocasión que o C.R.D.O. Monterrei asistirá a este salón vitivinícola, que na pasada edición contou con máis de 49.000 visitantes, procedentes de 141 países, e 6.000 expositores. Nesta edición acudirase ao amparo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), xunto coas restantes denominacións vitivinícolas galegas, e baixo o formato de Túnel de Viño presentaranse non só os viños participantes senón tamén o territorio vitivinícola, as súas peculiaridades edafoclimáticas ou tipoloxía de uvas, entre outras cuestións.

“Prowein é unha cita fundamental no calendario de eventos da D.O. Monterrei, xa que constitúe unha feira crave para empresas de importación, comercio especializado, exportación, gastronomía e distribución”, resalta o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García. “A presenza na mesma, ademais de reforzar a imaxe de marca, permite consolidar a nosa presenza en Alemaña, un dos mercados principais para o viño de Monterrei”, conclúe.

Sobre a D.O. Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información