Curso sobre benestar animal no transporte en Ribadeo

Publicidade
Curso sobre benestar animal no transporte en Ribadeo

No curso abordarán cuestións como o comportamento do gando durante os traslados. // Foto de arquivo.

Data inicio: 03/08/2021
Data fin: 03/08/2021
Lugar: Escola de Capacitación Agraria Pedro Murias, Ribadeo, España

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre benestar animal no transporte que se impartirá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo (Lugo). A acción formativa comezará o vindeiro martes 3 de agosto e terá unha duración de 20 horas, en horario de 16:00 a 21:00 horas ao longo de 4 días.

O programa do curso está dividido en dous módulos, un xeral de 10 horas e outro específico doutras 10. No módulo xeral desenvolveranse temas como a lexislación do benestar animal, a anatomía, a fisioloxía e o comportamento animal ou aspectos relacionados directamente co benestar animal.

Pola outra banda, no módulo específico trataranse outros conceptos máis concretos como a lexislación específica de protección de animais no transporte, a documentación necesaria para o desprazamento de animais, as prácticas a levar a cabo no transporte ou a súa repercusión na calidade da carne.

A formación ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais, dende dar de alta un remolque, desprazar animais ou xestionar os Sandach (Subprodutos Animais Non Destinados Ao Consumo Humano) ata resolver calquera imprevisto que teña lugar durante esta práctica.

Inscricións

Os interesados en participar nesta acción formativa deberán cubrir o correspondente formulario de solicitude que poden atopar neste enlace. Deberán remitir dito formulario por correo electrónico ao enderezo: sheila.garcia.freitas@xunta.gal. Para máis información, poden chamar ao teléfono 982 82 85 50.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información