Curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para o ámbito agroforestal

A formación celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de alta montaña de Becerreá a partir do vindeiro luns 21 de novembro en horario de tarde

Publicidade
Curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para o ámbito agroforestal
Data inicio: 21/11/2022
Lugar: Centro de Formación e Experimentación Agraria de alta montaña de Becerreá

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza en Becerreá (Lugo) un curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para o ámbito agroforestal. O obradoiro celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de alta montaña de Becerreá a partir do vindeiro luns 21 de novembro en horario de 16:00 a 21:20 horas.

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios para empregar OruxMaps e IGN-Mapas de España na definición das súas rutas e traxectos no acotamento dos terreos sobre os que traballen e na realización de operacións planimétricas.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Para facer a preinscrición no curso debe accederese á web da Consellería de Medio Rural no apartado de accións formativas para este 2022. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 367 ou enviarse un correo a cfea.becerrea@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información