A Consellería do Medio Rural está a ofrecer cursos de xestión empresarial para granxas a través do curso ‘Gandeiros 20-30’, que xa desenvolveu unha primeira edición en Sergude (Boqueixón, A Coruña) e que esta semana arrancará dúas novas convocatorias, unha tamén en Sergude, que comeza o xoves 3, e outra en Ribadeo (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias), que se inicia o venres 4.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo enviando un correo electrónico ao enderezo agacal@xunta.es, indicando nome e apelidos da persoa solicitante, un teléfono de contacto e o código correspondente do Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) ou nome da gandería, poñendo no asunto “Curso Gandeiros 20-30”.